Ningunha empresa española entre as 100 máis innovadoras do mundo

Por terceiro ano consecutivo, ningunha empresa española logra aparecer no listado das 100 compañías e institucións máis innovadoras do mundo elaborado pola axencia Thomson Reuters e que ten en conta, entre outros factores, o volume de patentes rexistradas, así como o alcance e influencia destas.

n
n

nO listado volve estar dominado na súa terceira edición por compañías estadounidenses, cun total de 45 representantes, e xaponesas, con 28, mentres que Francia, con 12 empresas, é o país europeo con maior número de compañías innovadoras, por diante de Suíza (4), Alemaña (3), Suecia (2) e Países Baixos (1).
n
nO resto de países que logran contar con polo menos un representante no listado de empresas e institucións máis innovadoras son: Corea do Sur (3), Canadá (1) e Taiwan (1).
n
nNeste sentido, Thomson Reuters apunta que a ausencia de China da lista, a pesar de tratarse do líder mundial por volume de patentes, se explica polo feito de que a maioría das patentes rexistradas o sexan a nivel doméstico, o que limita a súa influencia global.
n
nOs autores da lista destacan que, por terceiro ano consecutivo, a evolución bolsista do conxunto das 100 entidades máis innovadoras superou á do índice S&P 500, cunha revalorización media do 4% máis.
n
nPor sectores
n
nPor sectores, a industria da electrónica e semicondutores conta con 23 representantes, por diante dos fabricantes de hardware para ordenadores, con 11 compañías, a industria automotora, con 8 empresas e as telecomunicacións, con 7 representantes, igual que os sectores industriais e de produtos de consumo.
n
nOutros sectores que tamén contan con representación na lista son a industria química (6) e farmacéutica (3), maquinaria (5), investigación (4), transportes (4), sector eléctrico (4), fabricantes de software (3), o sector aeroespacial (2), petroleiro (2), saúde (1) e metais (1).
n
nDe xeito colectivo, este centenar de entidades innovadoras xerou unha cifra de negocio de 4,5 billóns de dólares (3,33 billóns de euros), practicamente o dobre do PIB de Reino Unido.
n
nAsí mesmo, o informe sinala que as entidades máis innovadoras crearon un total de 266.152 novos empregos o pasado ano, o que supón unha ratio un 0,81% superior ao dato de creación de emprego dos compoñentes do S&P 500.
n
nPor outro lado, estas compañías destinaron a I+D un total de 223.000 millóns de dólares (165.185 millóns de euros), un 8,8% máis que as empresas do S&P 500.
n
n"Dende a súa orixe, o Top 100 elevou os seus ingresos de forma consistente por enriba do índice S&P 500", destacou David Brown, director xerente de Thomson Reuters IP Solutions. "Son as empresas que lideran o crecemento e a creación de emprego, pioneiras en novos produtos e servizos", engadiu.
n
n(Fonte: El País)

n