Nanotubos: a nova fonte de enerxía

n

n

Os nanotubos de carbono volven ser noticia. Un grupo de científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, do inglés Massachusetts Institute of Technology), unha institución de educación superior privada situada en Cambridge (Massachusetts) conseguiu desenvolver unha nova fonte de enerxía baseada neste material.

n

n

n

 

n

n

n

O dispositivo denomínase Nanodynamite, e produce electricidade a partir da calor que recibe unha estrutura de nanotubos, material que xunto ao grafeno promete revolucionar o noso futuro. Os científicos cren que o seu traballo podería proporcionarnos unha nova clase de pequenísimas baterías capaces de alimentar sistemas embebidos autónomos.

n

 

n

O equipo en cuestión, integrado polo profesor asociado do MIT Michael Strano e o seu equipo de investigación na área da nanotecnoloxía, xunto ao profesor asociado do Royal Melbourne Institute of Technology (Australia) Kourosh Kalantar-zadeh (quen utilizou o tempo dispoñible no seu ano sabático), aproveitaron unha reacción química producida nun grupo de nanotubos para xerar electricidade.

n

 

n

En termos simples, o que fixo este grupo foi recubrir os nanotubos de carbono cun material inflamable chamado nitrocelulosa, que ao queimarse incrementou a súa temperatura. Esta, á súa vez, xerou unha corrente eléctrica de grande intensidade. Os nanotubos demostraron unha gran versatilidade, e son doados de fabricar. Sabíase que eran capaces de producir electricidade ao ser quentados, pero o sistema implementado no MIT, denominado Nanodynamite, é un dos máis simples e eficientes que se puxeron a punto.

n

 

n

Parecido a unha pila

n

 

n

O propio Kalantar-zadeh explicou o procedemento na edición da IEEE Spectrum Magazine e resaltado que a reacción química coa que xeraron electricidade ten unha eficiencia de tres a catro veces superior á xerada por unha batería de litio. É difícil comparar este sistema coas baterías tradicionais, xa que o dispositivo baseado en nanotubos pode xerar electricidade a partir da calor, mentres que as baterías "de toda a vida" se limitan a almacenar a electricidade producida por outro dispositivo e devolvela cando o circuíto ao que están conectadas o necesitan.

n

 

n

En todo caso, o Nanodynamite parécese máis a unha pila que a unha batería. Kourosh Kalantar-zadeh di que "ao recubrir un nanotubo cun combustible denominado nitrocelulosa e acender un dos seus extremos a combustión e, por suposto, a calor se propagou ao longo da estrutura demostrando a boa condutividade deste material, xerando ademais unha corrente eléctrica de grande intensidade". Se ben se trata soamente dun experimento, os resultados son o suficientemente interesantes como para que se xustifique unha investigación máis profunda, que podería producir o coñecemento necesario para desenvolver unha fonte de enerxía pequena e eficiente con que alimentar os dispositivos móbiles de futuro.

n

 

n

(Fonte: ABC)

n

n

n

 

n