Aumentar a eficacia enerxética da iluminación non resulta en absoluto sinxelo, polo que os logros neste sentido dun equipo de científicos europeos se recibiron cos brazos abertos.
n
n
nO proxecto EMIL, Exceptional Materials via Ionic Liquids, dedicouse a dar con melloras en tecnoloxías respectuosas co medio e en concreto nas relacionadas coas celas fotovoltaicas eficientes e fontes de luz innovadoras.
n
nA profesora Anja-Verena Mudring da Facultade de Química e Bioquímica da Universidade do Ruhr en Bochum (Alemaña) contou cunha subvención de inicio (Starting Grant) do Consello Europeo de Investigación (CEI) para, xunto ao seu equipo, recubrir de fósforo conversor de enerxía a nanoescala dispositivos como díodos emisores de luz (LED), celas fotovoltaicas e lámpadas fluorescentes a xeito de proba de concepto.
n
nA técnica, que en opinión da investigadora posúe un elevado potencial de comercialización, aumentará considerablemente a eficiencia enerxética e dará paso a unha produción máis ecolóxica e segura deste tipo de fontes de luz. A profesora Mudring recibiu por esta razón unha subvención á proba de concepto do CEI para o seu proxecto BRIGHTEMIL, EMIL goes green -exceptional materials from ionic liquids for energy saving applications in photonics, co fin de ensaiar en concreto o potencial dos líquidos iónicos como novos solventes que xeran fósforos a nanoescala. O equipo do proxecto traballará na comercialización dos resultados de EMIL.
n
nOs líquidos iónicos, sales líquidos a temperatura ambiente, resultan idóneos para a síntese de substancias inorgánicas. A súa singularidade reside en que contan con ións grandes que encapsulan
n a partículas máis pequenas e impiden que crezan. Resultan reciclables, sinxelos de xestionar, ininflamables e non volátiles.
n
nA iluminación concentra o 19% do consumo enerxético mundial e produce un 7% do total de emisións de carbono. A substitución dos dispositivos de iluminación tradicionais por outros máis eficientes dende o punto de vista enerxético levaría consigo un descenso de dous puntos porcentuais no consumo enerxético mundial.
n
nBRIGHTEMIL contou con preto de 150.000 euros de financiamento europeo e finalizou en febreiro de 2013. EMIL contou con preto de 1 millón de euros de financiamento europeo e finalizou en agosto de 2013.
n
n(Fonte: Cordis)