A Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) constituíuse a semana pasada en Valladolid, coa participación inicial de vinte e catro municipios e co obxectivo de impulsar o progreso das cidades dende a innovación e o coñecemento.
n
n
nO presidente da nova entidade, o alcalde de Santander, Iñigo de la Serna, explicou que o fin común a todas as cidades que se inclúen na RECI é "mellorar a calidade dos servizos que se ofrecen aos cidadáns e gañar en eficiencia, xa que mediante a unión se aforrará esforzo e diñeiro".
n
nNo encontro en Valladolid, que se converterá na sede da RECI, aprobáronse os estatutos desta asociación sen ánimo de lucro, que ten personalidade xurídica e plena capacidade de obrar e que pretende "mellorar a produtividade do país, aproveitando as novas tecnoloxías".
n
nDe la Serna recordou que a RECI empezou a xerarse hai un ano, coa sinatura do "Manifesto polas Cidades Intelixentes. Innovación para o progreso", co fin de crear unha rede aberta que propiciase o desenvolvemento social e empresarial das cidades a través da innovación, con especial atención ás tecnoloxías da información e a comunicación.
n
nA ese compromiso seguiu, o pasado 13 de xaneiro, a celebración en Logroño da sesión fundacional, na que se acordou que o alcalde de Santander ocuparía a presidencia e, posteriormente, leváronse a cabo sesións de traballo e preparación en Murcia e A Coruña.
n
nPara lograr unha maior efectividade no desenvolvemento dos proxectos que vaian xurdindo, a RECI formou cinco grupos de traballo, cunha cidade líder para cada un deles: o de innovación social, liderado pola Coruña; o de enerxía, liderado por Murcia; o de mobilidade urbana, en mans de Valladolid e Burgos.
n
nA estes engádense o de Medio Ambiente, infraestruturas e habilitabilidade urbana, que lidera Vitoria e o de Goberno, Economía e Negocios, que está en mans de Valencia, mentres que un sexto grupo, o de Tecnoloxías da Información e Comunicación, vertebraría todos os anteriores e estaría liderado por Santander.
n
nUn dos obxectivos principais da Rede é crear un inventario de boas prácticas, con proxectos sinxelos que se poidan aplicar en todas as cidades de forma áxil, entre os que xa está en marcha unha ordenanza de Administración electrónica, a iniciativa de Valencia.
n
nTamén está previsto "crear unha única tarxeta de recarga para os coches eléctricos", co fin de que poidan moverse dunha cidade a outra sen problemas, xa que ata agora as tarxetas de recarga só servían para ser utilizadas dentro dun mesmo municipio, segundo detallou De la Serna.
n
n(Fonte: EFE)