O pasado 15 de setembro púxose en marcha Tools of Science (www.toolsofscience.eu), o primeiro portal europeo que ofrece ás empresas biotecnolóxicas unha base de datos online das mellores instalacións e provedores de servizos especializados das principais biorrexións de Europa, así como as oportunidades de financiamento de que dispoñen a escala nacional e internacional para os seus proxectos de I+D+i.
n
n
nO portal desenvolveuse no marco do proxecto ABCEurope (Advanced Biotech Cluster Platforms for Europe) -promovido polo Consell Europeu de Bioregions (CEBR) e no que participa o Parc Científic Barcelona (PCB)- que ten como obxectivo crear unha rede entre 13 biorrexións europeas, enclaves de referencia no sector das ciencias da vida, para incrementar a eficiencia dos servizos de apoio que se ofrecen ás pemes biotecnolóxicas.
n
nTools of Science permite ás pemes identificar os socios ou provedores de servizos científico-tecnolóxicos máis axeitados. Trátase dunha innovadora ferramenta que ofrece inicialmente ao redor de 200 entradas e que se irá ampliando sucesivamente con máis provedores e biorrexións. Pódese navegar dentro da súa base de datos mediante palabras clave ou categorías como: rexión, fase de desenvolvemento ou campo específico de ciencia. No portal tamén poden atopar guías para compartir equipamentos, instrumentos de financiamento, equipos para colaboracións interrexionais, información e asesoramento sobre aspectos diversos da xestión dos proxectos de investigación e das oportunidades para atopar socios para estes.
n
nSegundo Jesús Purroy, director científico do Parc Científic Barcelona: "Lograr obxectivos no desenvolvemento das novas tecnoloxías depende, a miúdo, de atopar os provedores de servizo axeitados que satisfagan os requirimentos das pemes do sector de biotecnoloxía, posto que se trata de necesidades moi específicas e altamente especializadas".
n
n"Sabiamos que todos xuntos poderiamos proporcionar servizos excelentes coa combinación dos nosos esforzos e comprobamos que o resultado foi moi positivo", declara pola súa parte Claire Skentelbery, coordinadora do CEBR e secretaria xeral da Rede de Biotecnoloxía Europea (EBN).
n
nUn megaclúster europeo para potenciar a biotecnoloxía
n
nABCEurope naceu coa vocación de poñer en marcha diferentes programas de actuación para a creación dun megaclúster europeo de excelencia que potencie o impacto da biotecnoloxía en Europa. O proxecto está financiado pola Unión Europea dentro do VII Programa Marco, ten un presuposto de 3,5 millóns de euros e unha duración de tres anos (2009-2012). O seguimento do seu desenvolvemento poderá realizarse a través do portal de Europa Innova, unha iniciativa da Dirección Xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea que pretende converterse no laboratorio para a creación de novas ferramentas de apoio á innovación.
n
nO Parc Científic Barcelona traballa en varias das áreas en que se estruturou o Plan de Acción Integral do proxecto, e que están centradas moi especialmente na internalización e servizos de apoio para as pemes innovadoras, o establecemento de acordos de colaboración entre os clústeres europeos e as súas empresas, e o fomento da capacidade de investigación conxunta.
n
nAdemais do Parc Científic Barcelona (PCB), o único partner español do proxecto, participan no ABCEurope: a Cámara de Comercio de Milán (Italia), que é o coordinador, e 12 dos clústeres e biorrxións máis activas de Europa: One Nucleus, Londres-Cambridge (Reino Unido); Heidelberg Technology Park, Heidelberg (Alemaña); INNOVA, Debrecen (Hungría); Medicen, Paris (Francia); Matimop, Tel Aviv (Israel); Alsace Biovalley, Alsace (Francia); Bioindustry Park Silvano Fumero- bioPmed Innovation Cluster, Turin (Italia); BioWin, Wallonia (Bélxica); Medicon Valley Alliance, Medicon Valley (Dinamarca-Suecia); BioM, Munich (Alemaña); Stockholm Science City, Estocolmo (Suecia).
n
n(Fonte: APTE)