Nace Industria Conectada 4.0

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, xunto con Indra, Telefónica e Banco Santander, lanzou a iniciativa Industria Conectada 4.0, un proxecto público-privado que nace co fin de impulsar a transformación dixital da industria española e dotar ás empresas de estratexias, iniciativas e accións que lles axuden neste proceso.

O termo 4.0 fai referencia á cuarta revolución industrial impulsada pola transformación dixital e supón un salto cualitativo na organización e xestión da cadea de valor do sector.  

Incrementar o valor engadido e o emprego na industria nacional, favorecer o modelo español para a industria do futuro orientada cara a sectores con potencial de crecemento (potenciando os sectores e desenvolvendo unha oferta local de solucións dixitais), desenvolver pancas competitivas diferenciais para favorecer a industria española e impulsar as súas exportacións, son o tres obxectivos principais que ten este plan para reforzar a competitividade no sector industrial.

Aínda que as conclusións e o informe final da iniciativa do traballo se presentarán en setembro, as catro liñas de actuación son as seguintes: a concienciación sobre a dixitalización da industria, a creación de ferramentas de colaboración entre os provedores de tecnoloxía e a industria, a potenciación da I+D+i e o apoio á implantación de novas tecnoloxías dixitais.

(Fonte: Innovaspain)