Nace en Barcelona o primeiro centro de investigación en innovación laboral

A plataforma empresarial Valquiria Hub Space creou o primeiro centro de investigación en innovación laboral de Barcelona. Trátase de World Work Innovation (WWi) e ten como obxectivo promover a produtividade laboral a través do estudo da innovación e o talento.

A misión deste centro é investigar as prácticas que están a levar a cabo as organizacións máis innovadoras e como aplicar estas tendencias nas empresas para que poidan ser máis atractivas ao talento e logren converterse en compañías “felices e produtivas”.

Por agora, WWi lanzou un programa anual de actividades, talleres, conferencias e clases maxistrais e os próximos días 26 e 27 de novembro celebrará un congreso sobre como liderar as organizacións na innovación no traballo.

(Fonte: La Vanguardia)