n
n
As pantallas dos teléfonos móbiles fanse máis grandes cada ano. Agora, as que incorporan tecnoloxía OLED poderían empregar esa gran superficie para aloxar un sistema de xeración de enerxía eléctrica a partir da luz que recibe.
n
n
n
n
n
n
O novidoso do enfoque proposto polos investigadores da Universidade de Cambrigde e a empresa Ignis Innovation é que ademais de producir electricidade a partir da luz solar faino aproveitando a propia luz emitida pola pantalla.
n
n
Os teléfonos móbiles, dispositivos que integraron semellante cantidade de funcións adicionais ás relacionadas coa telefonía propiamente dita, convertéronse nun elemento practicamente indispensable. En moitos países o número de móbiles supera o número de habitantes, o que dá unha idea do grao de penetración que conseguiron estes dispositivos. Moitas desas funcións que foron incorporando requiren de pantallas máis grandes, polo que un móbil fabricado recentemente ten unha pantalla con entre 10 e 50 veces máis superficie que un construído hai 10 anos. Esa pantalla permítelle ao usuario interactuar co seu teléfono dunha forma máis cómoda, similar a como o fai cun ordenador ou tableta, pero tamén consume boa parte da enerxía eléctrica total do dispositivo.
n
n
Afortunadamente, un grupo de investigadores da Universidade de Cambrigde e a empresa Ignis Innovation conseguiron converter esta aparente desvantaxe (dende o punto de vista do consumo eléctrico) nunha fortaleza, aproveitando a gran superficie das pantallas OLED modernas para instalar sobre elas un sistema de xeración de enerxía eléctrica fotovoltaico. Xa vimos antes células solares transparentes, pero neste caso, o novidoso é que o sistema proposto ademais de recoller fotóns provenientes da luz solar, aproveita a propia luz da pantalla.
n
n
Carga si, pero pouca
n
n
Ao longo do proxecto os científicos determinaron que ata o 64% da luz xerada por unha pantalla OLES "escapa" polos seus bordos, non sendo utilizada para a visualización da imaxe que se está a mostrar. O que fixeron foi colocar unha membrana composta por un delgado filme de silicio amorfo hidroxenado que xera electricidade e a envía a un súper capacitor, dende onde é transferida á batería. Este compoñente é necesario para non danar a batería do móbil coas flutuacións do nivel de tensión que xera a membrana fotovoltaica en diferentes condicións de iluminación.
n
n
Segundo explicaron, o sistema alcanza unha eficiencia media próxima ao 11%, con picos de ata o 18%. O sistema fotovoltaico utilizado é insuficiente para converter o móbil nun dispositivo autónomo, polo que aínda será necesario conectalo a un cargador de parede periodicamente para recargar as súas baterías. O que se intenta aquí é que o tempo que transcorre entre unha recarga e a seguinte sexa o maior posible, á vez que se aproveita parte da enerxía que actualmente se desperdicia, algo que todos seguramente valoramos enormemente. A grande incógnita é se o custo, peso e tamaño que este invento agregue ao móbil será aceptado polos usuarios e adoptado polos fabricantes como unha parte máis dos móbiles que desenvolverán no futuro.
n
n
(Fonte: ABC)
n
n
n