Medra en Galicia a capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e reter talento dixital

O Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) publicou un estudo sobre a traxectoria profesional dos perfís STEM na nosa Comunidade. No informe achégase unha manchea de datos de interese que confirman e corroboran a gráfica ascendente da dita traxectoria. No estudo Talento dixital estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM de GaliciaEdición 2023 dise que a porcentaxe de persoas matriculadas neste tipo de carreiras no Sistema Universitario Galego incrementouse un 3,6% en dous anos.

s datos sinalan que “Galicia está a incrementar a súa capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e tamén para reter talento”. Deste xeito, en dous anos o número de persoas matriculadas en carreiras STEM pasou de 12.996 matriculacións a 13.469. Ademais, preto do 80% das persoas tituladas en carreiras STEM está a traballar en Galicia aos cinco anos de finalizar os seus estudos. A porcentaxe de titulados neste área que optan por traballar fóra de Galicia nos cinco primeiros anos da súa traxectoria laboral pasou do 24,7% no 2019 ao 20,3% no 2021.

Funcións actuais

As principais tarefas relacionadas coas tecnolóxicas máis disruptivas que están a desenvolver titulados STEM son mobilidade, tecnoloxías na nube (Cloud), análise de datos masivos (Big Data), ciberseguridade, Intelixencia Artificial, tecnoloxías verdes, Internet das Cousas e biotecnoloxía.

A estes roles súmanse as ocupacións máis “tradicionais” de titulados STEM como estratexia e xestión do negocio no sector TIC, programación, desenvolvemento web e administración de sistemas, mantemento e xestión de redes, webs e sistemas informáticos e docencia en materias STEM. As ocupacións emerxentes ou relacionadas con tecnoloxías disruptivas que máis aparecen na descrición dos empregos dos STEM son nos ámbitos de análise e ciencia de datos, biotecnoloxía e medio ambiente.

Fonte: Código Cero