Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole acolleu esta mañá un encontro no que medio cento de empresarios procedentes das catro provincias estableceron contactos comerciais entre eles a través do modelo speed dating (citas rápidas). O evento de hoxe, organizado por Galicia en Coworking, é o cuarto deste tipo que se organiza na comunidade e o que congregou a máis asistentes de todos os celebrados ata agora.
n
n
nO encontro comezou coas exposicións de tres emprendedores de Ourense, A Coruña e Pontevedra, que compartiron con todos os asistentes a súa experiencia en modelos de negocio innovadores e en que medida lles favoreceu a colaboración con outros para acadar o éxito.
n
nEn primeiro lugar dirixiuse aos asistentes Javier Taibo, director xeral de Egatel, a empresa que primeiro se instalou na Tecnópole, no ano 1992. Taibo explicou que na súa traxectoria foi fundamental o apoio do Parque Tecnolóxico de Galicia á hora de establecer relacións comerciais e de atopar socios para abordar proxectos de innovación a gran escala. A empresa, dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos de transmisión de radio e TV dixital, atópase inmersa nun proceso de internacionalización con moi bos resultados e Taibo atribuíu isto en gran medida ao traballo cooperativo. “Hoxe en día, no entorno tecnolóxico é imposible abordar proxectos competitivos en solitario, o traballo colaborativo é imprescindible”, afirmou Taibo.
n
nLola Palacio, fundadora de The Glass Concept, explicou que a súa empresa conta só cun ano de traxectoria, pero xa serviu o seu innovador produto a multinacionais como Apple e Starbucks. Trátase dun invento patentado que pode definirse como a evolución das pizarras convencionais, fabricadas en vidrio e con propiedades magnéticas para poder escribir nelas pero tamén fixar papeis e mesmo retroiluminalas ou facer proxeccións sobre elas. “Todo o noso I+D e a nosa produción fanse con materiais ecolóxicos en Pontevedra”, aclarou Palacio.
n
nManuel García, cofundador de Zarpamos, presentou a actividade da empresa, que actúa desde A Coruña como aceleradora de proxectos emprendedores baseados en internet para emprendedores. García insistiu na importancia de sumar esforzos para que as ideas novas saian adiante, un proceso que eles facilitan dándolles soporte aos emprendedores dende a incubación da idea ata a busca de financiación.
n
nSpeed dating
n
nA continuación, os participantes comezaron a fase de speed dating con ata 15 reunións rápidas entre eles de sete minutos cada unha. Durante a fase de inscrición, os asistentes seleccionaran os profesionais aos que lles interesaba coñecer mediante a consulta dos seus perfís. Así, cada un deles levaba a súa axenda configurada baseándose nos intereses cruzados de todos os participantes.
n
nSegundo os organizadores, a maior vantaxe deste formato é a optimización de tempo e recursos para as empresas, xa que en dúas horas os participantes poden reunirse con multitude de empresas sen desprazarse.