Máis de dous mil escolares de toda Galicia visitarán os 50 stands da ‘Galiciencia’ ata o venres

Máis de 2.000 escolares de toda Galicia pasarán desde hoxe até o vindeiro venres pola ‘Galiciencia’ en visitas concertadas polos colexios, aos que se sumarán as familias e grupos de visitantes que acudan por libre. A maior feira científica de Galicia abriu esta mañá as súas portas na Tecnópole, organizadora do evento co patrocinio da Consellería de Economía e Industria.
n
nUn total de 150 estudantes procedentes de centros das catro provincias galegas, de Barcelona, Tarragona, Álava e Guipúzcoa defenden alí os seus proxectos científicos e innovadores co obxectivo de facerse co premio ao mellor proxecto nas tres categorías que se habilitaron por idades. Os gañadores daranse a coñecer no acto de clausura, que terá lugar o venres ás 13 horas.
n
nEn total, están sendo expostos 17 proxectos procedentes de colexios da provincia de Ourense, 12 de Pontevedra, 9 da Coruña, 5 de Lugo, 5 de Cataluña e 2 do País Vasco. Entre eles figuran varios realizados polos equipos participantes nas Aulas de I+D, un proxecto piloto de adestramento en habilidades innovadoras promovido pola Tecnópole en colaboración coa empresa Intellectia Bank.
n
nAs temáticas dos proxectos son moi variadas, pero varios equipos traballaron en avanzadas propostas para a obtención de enerxía a partir de fontes renovables. É o caso dun grupo de alumnos do Colexio Guillelme Brown, de Ourense, que no seu proxecto ‘Termoelectricidade’ estudou a produción de electricidade a partir das augas termais, ou o dos estudantes do Instituto Jesús Obrero de Álava para obter biocombustible a partir de serraduras de madeira mediante pirólese.
n
nOutros centráronse na robótica, coma os do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que presentan o seu autómata ‘Piggy.one’, un robot deseñado para poder aprender programación e robótica, o que lle permite acceder a posibilidades infinitas, desde misións de recoñecemento, extinción de incendios e seguridade do fogar ata mesmo ir á Lúa. Outro dos equipos, procedente do IES Alfredo Brañas de Carballo (A Coruña) desenvolveron aplicacións robóticas destinadas a facilitar a actividade humana na realización de distintas tarefas que poden resultar monótonas ou perigosas.
n
nPolo que respecta aos estudos sociais, hainos moi diversos e curiosos. Os alumnos da Escola Bertran de Barcelona analizaron en profundidade a posibilidade real de que o estrés sexa causa de morte, coa conclusión de que así é. Alumnas do Guillelme Brown de Ourense estudaron o abuso das redes sociais por parte dos adolescentes e un equipo do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia (Ourense) desenvolveu unha detallada investigación sobre o fenómeno dos incendios en Galicia, do que obtiveron evidencias de que a maior parte deles son provocados.
n
nUnha faixa para embarazadas con música incorporada para beneficiar o desenvolvemento do feto, un sistema para clonar plantas autóctonas de Galicia mediante cultivo in vitro caseiro, unha crema de mans hidratante con ingredientes naturais ou un sistema de pregado para pupitres nas escolas son algúns dos enxeños que completan, xunto con moitos outros ata chegar aos 50 participantes, a oferta dunha feira que chega á súa quinta edición con proxectos de cada vez maior nivel tecnolóxico e científico.
n
nActividades paralelas
n

nAdemais da mostra de proxectos, os participantes e os visitantes poden acceder a unha ampla oferta de actividades paralelas. O divulgador científico Adolf Cortel volveu un ano máis á ‘Galiciencia’ cos seus espectaculares experimentos, este ano dedicados á conmemoración do cincuenta aniversario do láser. 
n

ntPolo que se refire aos obradoiros, un deles está relacionado coa celebración do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, con especial presenza do reino das plantas. Noutro deles trátase de que os asistentes obteñan coñecemento sobre o funcionamento do cerebro humano a través de experiencias sensoriais. Por último, os máis pequenos gozán da busca da fórmula ideal de xabón para facer as mellores pompas.
nt
ntAdemais, nos corredores do edificio que acolle os talleres están expostas as obras de dúas coleccións de pintura dedicadas á ciencia e por primeira vez ponse a disposición dos participantes unha área de lecer na que poden ocupar os seus momentos libres co futbolín, os dardos e as videoconsolas.

n