Máis de 40 empresas españolas participaron na 'Spain Tech Week', que se celebrou por primeira vez en Silicon Valley a finais de maio. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar a imaxe das empresas tecnolóxicas españolas e facilitar a súa chegada "a un dos ecosistemas máis competitivos do mundo".
n
n
nEntre as actividades que se levaron a cabo destacan os encontros con investidores americanos, eventos de 'networking', visitas a empresas líderes mundiais, exposicións de proxectos ou unha 'master class' con profesionais vinculados ao mundo do emprendemento tecnolóxico de San Francisco.
n
nAdemais, as empresas contaron cun pavillón en 'The startup conference', un dos eventos máis relevantes de Silicon Valley e unha magnífica oportunidade para entrar en contacto con potenciais socios comerciais, clientes e investidores locais.
n
nEmpresas como Visure Solutions, codi Software, BidAway, Gigoing, International Venture Consultants, JustinMind, Global Incubator, The Madvideo, Prot-On ou Yerbabuena foron algunhas das participantes nesta cita.
n
n'Spain Tech Week' é unha iniciativa promovida pola Fundación Banesto, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, e o Ministerio de Economía e Competitividade a través do ICEX.
n
n(Fonte: ICEX)