Máis de 350 firmas participan no plan Conecta Pemes, dotado con 14 millóns

Máis de 350 pequenas e medianas empresas (pemes) galegas participan no programa Conecta Pemes da Consellería de Economía, dotado cun presuposto de 14 millóns de euros e que prevé mobilizar investimentos por valor de 80 millóns, segundo fontes do departamento que dirixe Francisco Conde. En total, presentáronse 94 proxectos ao programa, concibido para completar o Innterconecta e dotar de financiamento as pemes con necesidades de innovar.

n
n

nAo igual que co Innterconecta, o Conecta Pemes tivo especial tirón entre as pemes da provincia de Pontevedra, con 36 solicitudes (o 38% do total) e a participación dun centenar de empresas. Só nesta provincia está previsto que se mobilicen 31 millóns de euros en investimentos. Dentro das solicitudes contémplanse subcontratacións aos centros tecnolóxicos vigueses por valor máis de 4,5 millóns de euros. Gradiant está presente en trece proxectos, Aimen en dez, o CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) en 9, Anfaco en cinco e Cetmar, en catro.
n
nA nivel da comunidade, un terzo das solicitudes do plan céntranse nas empresas TIC (tecnoloxías da información e a comunicación), o 20%, na alimentación, a agricultura, a pesca e a biotecnoloxía; e un 12,7% na nanotecnoloxía e materiais e tecnoloxías de produción. Tamén hai solicitudes para proxectos de saúde e benestar, servizos e loxística, seguridade, construción ou enxeñería civil.
n
nO Conecta Pemes busca achegar a innovación ás pemes, para o que se rebaixou o mínimo esforzo investidor necesario a 600.000 euros, fronte a os 1,5 millóns do Innterconecta. No caso de proxectos de investigación industrial, as pequenas empresas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 60% e as medianas, de ata o 50%. Nas iniciativas de desenvolvemento experimental as porcentaxes ascenden ao 80% e ao 75%, respectivamente.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)

n