Máis de 300 estudantes ourensáns asisten á experiencia de “liberar a alma” dun osiño de gominola no marco dos Espectáculos de Ciencia

Máis de 300 alumnos participaron esta mañá no espectáculo “Ciencia vs Ficción”, co que comeza a segunda xira dos Espectáculos de Ciencia organizados por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.

n
n

nExisten as pantasmas? Son realistas as formas que lle dan as películas aos extraterrestres e por que se empeñan en exterminarnos un a un? Teñen sentido os insectos mutantes no noso ecosistema? Estas son algunhas das preguntas respostadas durante o espectáculo, no que ademais se levaron a cabo experiencias como a que consiste en “liberar a alma” dun osiño de gominola.

n

nOs Espectáculos de Ciencia celébranse entre os meses de febreiro e maio coa previsión de chegar a máis de 6000 estudantes galegos en total a través de 42 sesións de ciencia didáctica e divertida. Constan de dúas xiras, a primeira dedicada ao cerebro e esta que comeza hoxe. Cada unha delas pasa por sete localidades galegas con tres pases por día.  

n

nDende hoxe e ata finais de maio o espectáculo “Ciencia vs Ficción” pasará tamén por Lugo, Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. As sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. O obxectivo desta experiencia é levar a ciencia da maneira máis didáctica e amena aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.

n

nExisten as pantasmas?

n

nA actividade iniciada hoxe permitiulles aos participantes explorar os vínculos entre a ciencia e a ficción a través do visionado de fragmentos de películas e a realización de experimentos cos que, entre outras cousas, se dan a coñecer as tecnoloxías que se utilizan para recrear as situacións máis espectaculares. A través de secuencias de filmes como ‘ O señor dos aneis’, ‘Charlie e a fábrica de chocolate’, ‘Alien vs Predator’, ‘Independence day’, ‘Arack Attack’ ou ‘Paranormal activity’ os asistentes puideron concluir por eles mesmos que ocorre detrás e diante das cámaras para recrear o mundo de fantasía que mostra a pantalla.

n

nTodas as actividades acompáñanse do envío de guias didácticas aos profesores para que lle saquen o maior proveito posible na clase, afondando nos coñecementos adquiridos durante as sesións.

n

nPor segundo ano consecutivo

n

nA iniciativa enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.

n

nNo caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocacións científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias desde o pasado curso escolar (www.educabarrie.org).

n

nOs ‘Espectáculos de ciencia’ celebraron a súa primeira xira o ano pasado e supuxeron un éxito sen precedentes para a actividade de divulgación da  Tecnópole, xa que implicaron levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia.
n

n