A Consellería de Traballo e Benestar celebra o próximo día 19 de outubro o acto de peche do proxecto I+COOPERA, unha iniciativa de fomento da innovación no cooperativismo que beneficiou a máis de 300 cooperativistas galegos.
n
n
nO proxecto, dirixido a promover un sector cooperativista máis competitivo, incluíu diferentes actividades para impulsar a aprendizaxe e a iniciativa nos campos da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
n
nA xornada ‘A innovación vista de cerca’, coa que se cerrará este proxecto o próximo 19 de outubro en Santiago, achegará experiencias reais sobre innovación e un conxunto de recursos dispoñibles para poñer en práctica a innovación nas súas entidades.
n
nO encontro está dirixido aos axentes involucrados no sector cooperativista galego: cooperativas, asociacións, traballadores e, en xeral, a todas as persoas interesadas en coñecer a importancia de apostar pola I+D+i como factor clave de éxito.
n
nUn conxunto de recursos para innovar
n
nI+COOPERA puxo a disposición das cooperativas galegas de calquera sector servizos de información, formación e titorización no deseño de proxectos de I+D+i e de divulgación e difusión.
n
nSeis cursos, cinco redes de innovación, seis casos de éxito, dous estudos e xornadas e actividades de difusión foron as actividades desenvolvidas durante a execución de I+COOPERA.
n
nMáis información en www.innovacioncooperativas.com.
n
n(Fonte: Consellería de Traballo)
n