Máis de 25 millóns de euros en novas tecnoloxías para o sector enerxético

Iberdrola asinou un acordo co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) a través do que investirán de forma conxunta máis de 25 millóns de euros en novas tecnoloxías para o sector enerxético.

n
n

nO convenio enmárcase no Programa Innvierte do Goberno, cuxo obxectivo é fomentar, mediante capital risco público-privado, a posta en marcha e consolidación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica, con alto potencial de crecemento.
n
nA través desta iniciativa, Iberdrola poderá investir xunto a outras compañías privadas e fondos públicos en proxectos emprendedores que propicien un cambio do modelo produtivo para conseguir unha sociedade máis sustentable.
n
nA compañía valora de forma moi positiva este programa do Goberno, xa que permite non só financiar as actividades de novas empresas de base tecnolóxica senón tamén achegarlles coñecemento de mercado, acceso a clientes e capacidade de xestión e internacionalización.
n
nIberdrola conta, así mesmo, cunha ferramenta máis para seguir consolidando o seu papel como empresa tractora da economía, en liña co seu compromiso coa sociedade, á vez que impulsa o desenvolvemento de novas tecnoloxías que lle axuden a dar resposta aos futuros retos enerxéticos.
n
nA empresa foi seleccionada para o programa Innvierte grazas á súa experiencia en iniciativas de capital risco a través do fondo Perseo, creado para investir en tecnoloxías punteiras sustentables no sector enerxético, como as enerxías mariñas ou os sistemas relacionados coa eficiencia enerxética.
n
nPerseo, posto en marcha en 2008, conta cun presuposto anual de 6 millóns de euros para investir en avances tecnolóxicos que garantan que iberdrola seguirá estando á vangarda no ámbito enerxético, xa que asegura o seu acceso ás tecnoloxías máis avanzadas.
n
n(Fonte: Energética XXI)
n

n