Máis de 2200 persoas visitarán a maior feira científica de Galicia, ‘Galiciencia’, entre mañá mércores e o vindeiro venres en Ourense. O evento foi recoñecido como unha das 20 actividades de referencia da Semana da Ciencia en España pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
n
n
n
Durante os días 21, 22 e 23 de novembro a entidade organizadora, Tecnópole – Parque Tecnolóxico de Galicia, acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que 50 equipos mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación.
n
nEste ano a representación máis numerosa procede dos colexios de Vigo, con 17 equipos expoñendo proxectos. A eles súmanse outros 3 da provincia de Pontevedra (de Cangas do Morrazo e Ponteareas), 16 de varias localidades de Ourense (Cea e Pereiro de Aguiar, ademais da capital), 8 da provincia da Coruña (Santiago, Ferrol e Narón), 4 de Lugo (capital e Ribadeo) e 2 de Barcelona.
n
nMañá será presentado no marco da ‘Galiciencia’ o libro “Dos quarks á proxima extincion. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida”, editado pola Xunta de Galicia. Esta obra, escrita por Pedro José Cascajosa coa edición científica de Xurxo Mariño, seralle entregada gratuitamente a todos os visitantes do evento en conmemoración do 20 aniversario da Tecnópole.
n
nActividades para todos os gustos
n
nA Fundación Barrié participa por segundo ano consecutivo na ‘Galiciencia’ cun stand propio no espazo da feira, organizará o ‘Gran xogo da ciencia’ e ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a canle ‘educaBarrié’, unha innovadora plataforma web na que se pon ao dispor da comunidade educativa os contidos didácticos e materiais relacionados cos proxectos de referencia das súas áreas de actuación: patrimonio, cultura, investigación, educación e servizos sociais.
n
n‘Galiciencia’ chega á súa sétima edición cunha ampla oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos a través dun taller no que se busca concienciar aos rapaces e rapazas sobre a importancia das enerxías renovables. Esta actividade conta coa colaboración da empresa da Tecnópole Gaélica Solar.
n
nOutra das novidades deste ano será a achega que a ‘Galiciencia’ fai á conmemoración do Día do Científico Galego, promovido pola Real Academia Galega de Ciencias, a través dun taller dedicado á figura e ao legado do considerado “pai da Química galega”, Antonio Casares, homenaxeado na edición de 2012.

nOutro dos talleres estará dedicado ao cerebro. Nel presentaranse os coñecementos actuais sobre o seu funcionamento e, mediante xogos sensoriais e experiencias sorprendentes, os participantes descubrirán algúns dos segredos que esconde a nosa mente.
n
nO planetario móbil, xa un clásico do evento, permitiralles aos máis pequenos (os alumnos de Primaria) achegarse ao fascinante mundo das estrelas, os planetas, as galaxias, etc.
n
nO mundo do cine volverá ter o seu espazo na ‘Galiciencia’ a través dun taller titulado ‘Fotogramas de ciencia’ no que, entre outros temas, tratarase de ver que hai de certo no mito de Frankenstein, a existencia de xigantescos insectos que atacan cidades ou os monstruosos extraterrestres que só pensan en destruír a Terra.
n
nLogo do éxito acadado na edición do ano pasado, a ‘Galiciencia’ volverá contar coa súa propia redacción de xornalistas, formada por estudantes previamente adestrados como reporteiros para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será entregada a todos os asitentes á entrega de premios o último día.