Máis de 2000 persoas visitarán a ‘Galiciencia’, recoñecida entre as actividades de referencia da Semana da Ciencia en España

Máis de 2000 persoas visitarán a maior feira científica de Galicia, ‘Galiciencia’, entre mañá mércores e o vindeiro venres en Ourense. O evento foi recoñecido como unha das actividades de referencia da Semana da Ciencia en España pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.

n
n

 

n

Durante os días 20, 21 e 22 de novembro a entidade organizadora, Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, acollerá no seu recinto de Ourense unha carpa na que 50 equipos mostrarán ao público os seus proxectos científicos e de innovación. Estes recibirán a visita de grupos escolares de toda Galicia, ás que se sumarán as persoas que acudan pola súa conta, xa que a feira é de entrada libre para particulares e familias.

n

 

n

Este ano a representación máis numerosa na exposición de proxectos procede dos colexios de Ourense, con 16 equipos defendendo as súas investigacións e inventos. A eles súmanse 12 de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de Lugo, 2 de Ribadeo, 2 de Ferrol, 2 de Narón, 2 de Cambre, 1 de Santiago e 5 de Barcelona.

n

 

n

Auga, superheroes e moito máis

n

 

n

‘Galiciencia’ chega á súa oitava edición cunha ampla oferta de actividades paralelas á exposición de proxectos que inclúe a conmemoración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga a través dunha exposición promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e de varios talleres orientados a diferentes idades. Neles realizaranse experimentos físicos e químicos nos que se traballará con augas termais, ademais de catas e experiencias dirixidas a concienciar aos participantes sobre o valor e a importancia dun uso responsable deste recurso indispensable para a vida. Os máis pequenos achegaranse ao seu coñecemento a través dun taller de pompas de xabón.

n

 

n

Tamén no marco desta conmemoración organizáronse dous concursos de debuxo e fotografía coa auga como tema principal. Neles participaron colexios de toda Galicia ao longo das últimas semanas e os gañadores daranse a coñecer o último día da ‘Galiciencia’, durante o mesmo acto de entrega dos premios aos mellores proxectos expostos na feira.

n

 

n

O mundo do cine e do cómic terá o seu espazo na ‘Galiciencia’ a través dun espectáculo no que se analizarán os poderes dos superheroes desde un punto de vista científico. Flash, Superman e Spiderman serán sometidos a exame mediante divertidos experimentos que demostrarán que as súas habilidades teñen pouco que ver co mundo real.

n

 

n

Ademais, a Fundación Barrié participará cun stand propio no espazo da feira e ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a programación para este curso da canle ‘educaBarrié’, unha innovadora plataforma web na que se poñen contidos didácticos e materiais  ao dispor da comunidade educativa.

n

 

n

Como novidade, a ‘Galiciencia’ contará este ano cun equipo de reporteiros audiovisuais formado por participantes na feira que gravarán todo o que ocorra na exposición de proxectos e nos talleres e espectáculos para editar o vídeo oficial do evento coas mellores imaxes.

n

 

n

Finalmente, o evento volverá contar coa súa propia redacción de xornalistas, formada por estudantes previamente adestrados como reporteiros para cubrir o evento e elaborar entre todos a revista oficial, que será distribuída entre os asitentes á entrega de premios o último día.

n

 

n