Máis de 150 profesionais de toda Galicia danse cita na Tecnópole para asistir ao TEDxGalicia 2012

Máis de 150 profesionais das catro provincias acudiron hoxe a Tecnópole – Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) para asistir ao TEDxGalicia 2012. A sesión de mañá aglutinou as intervencións de dez dos speakers e pola tarde é o turno dos sete restantes.

n
n

 

n

O lema desta edición é “E se… ?” e nela os poñentes comparten ideas e reflexións sobre aspectos da súa vida profesional e persoal que poden servir de inspiración para os demais. O TEDxGalicia sae este 2012 por primeira vez da capital galega coa Tecnópole como anfitriona, que acolle o evento movida pola vontade de compartir coñecemento con motivo do seu 20 aniversario.

n

 

n

Nunha das charlas máis aplaudidas, Pablo Carpintero contou o seu periplo dende a carreira de bioloxía ata a artesanía en instrumentos musicais. Acompañado da súa gaita, transmitiulle ao auditorio a necesidade de sentir paixón co que un fai e recomendou seguir os dictados do corazón.

n

 

n

O piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín relatou ata que punto guiou toda a súa vida o seu soño de competir a nivel profesional e chegar á Fórmula 1. Decidiu deixar a carreira de enxeñería para estudiar empresariais coa idea de adquirir coñecementos para conseguir patrocinadores e puxo en marcha un proxecto de crowdfunding (financiamento colectivo) con varios compañeiros de clase para logralo.

n

 

n

O físico e divulgador Jorge Mira explicou ata qué punto a evolución dos gustos e a incidencia de factores coma os medios de comunicación influíron nos mecanismos de selección natural na especie humana. Entre outras cousas, mencionou a popularización da delgadez extrema nas mulleres e a feminización do concepto de atractivo masculino.

n

 

n

O árbitro de fútbol Ignacio Iglesias, logo de agradecer os aplausos de benvida como algo ao que non está acostumado, ofreceu algúns datos impactantes sobre a influencia na sociedade do “deporte rei”. Por exemplo, o día do partido España-Italia da Eurocopa diminuíron un 33% as urxencias hospitalarias en todo o estado.

n

 

n

Os emprendedores da Tecnópole tamén tiveron o seu turno no TEDxGalicia. Marcos Rodríguez, de Formato Verde, explicou como a chegada da crise supuxo unha beizón para a súa empresa logo do choque inicial das perdas económicas, xa que os obrigou a buscar un posicionamento realmente innovador no mercado. Miguel Castro, de Enyiris, expuxo como o fenómeno da co-creación está a cambiar as nosas vidas grazas aos procesos facilitados pola tecnoloxía, coa que estamos conectados a un gran cerebro onde os coñecementos de todos son de todos.

n

 

n

O enxeñeiro Ricardo Capilla definiuse coma un marciano na administración, facendo fincapé na necesidade de que haxa cada vez máis persoas que cuestionen os dogmas establecidos para xerar valor e coñecemento.

n

 

n

Mónica Moure preguntoulles aos asistentes se na súa vida queren ser Batman ou Robin, en referencia á opción de decidir estar na primeira liña e tomar decisións ou quedar á sombra doutros.

n

 

n

A deseñadora industrial Marta Falcón definiu ou seu traballo coma a capacidade de dar forma ás ideas, actuando a modo de conector entre as cousas e as persoas. Alentando a todos a reinventarse, insistiu en que o importante é ter ideas porque nada é imposible.

n

 

n

Jorge Cebreiros apuntou que a emoción e a humildade son fundamentais na comunicación e animou aos asistentes a mellorar a súa vida enviándolle inmediatamente a alguén unha mensaxe para dicirlle o importante que é para eles.

n

 

n

18 minutos exactos

n

 

n

Todos estes profesionais de tan diferentes ámbitos fóronse sucedendo uns a outros ao longo da mañá en charlas de 18 minutos exactos. Con esta mesma fórmula, outros sete speakers completarán a xornada. Son o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, a coreógrafa e bailarina Silvia Montes, o violonchelista Carlos García, o emprendedor tecnolóxico Andrés Mazaira, o avogado experto en internet José Manuel Pérez, a compositora e cantante Patricia Moon e a mestra de educación especial Fátima García.  

n

 

n

TED, que significa Tecnoloxía, Entretenemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están convidados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.

n

 

n

O evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos persoeiros como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2). Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia da maneira máis atractiva posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos.

n

 

n

Posteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que lle permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia.

n