Máis de 150 profesionais das catro provincias acudiron o pasado venres a Tecnópole para asistir ao TEDxGalicia 2012. O lema desta edición foi "e se… ?" e nela os relatores compartiron ideas e reflexións sobre aspectos da súa vida profesional e persoal que poden servir de inspiración para os demais. O TEDxGalicia saíu este 2012 por primeira vez da capital galega con Tecnópole como anfitrioa, que acolleu o evento movida pola vontade de compartir coñecemento con motivo do seu 20 aniversario.
n
n
nNunha das charlas máis aplaudidas, Pablo Carpintero contou o seu periplo dende a carreira de bioloxía ata a artesanía en instrumentos musicais. Acompañado da súa gaita, transmitiu ao auditorio a necesidade de sentir paixón co que un fai e recomendou seguir os ditados do corazón.
n
nO piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín relatou ata que punto guiou toda a súa vida o seu soño de competir a nivel profesional e chegar á Fórmula 1. Decidiu deixar a carreira de enxeñería para estudar empresariais coa idea de adquirir coñecementos para conseguir patrocinadores e puxo en marcha un proxecto de crowdfunding (financiamento colectivo) con varios compañeiros de clase para logralo.
n
nO físico e divulgador Jorge Mira explicou ata que punto a evolución dos gustos e a incidencia de factores como os medios de comunicación influíron nos mecanismos de selección natural na especie humana. Entre outras cousas, mencionou a popularización da delgadeza extrema nas mulleres e a feminización do concepto de atractivo masculino.
n
nO árbitro de fútbol Ignacio Iglesias, despois de agradecer os aplausos de benvida como algo ao que non está acostumado, ofreceu algúns datos impactantes sobre a influencia na sociedade do "deporte rei". Por exemplo, o día do partido España-Italia da eurocopa diminuíron un 33% as urxencias hospitalarias en todo o estado.
n
nOs emprendedores de Tecnópole tamén tiveron a súa quenda no TEDxGalicia. Marcos Rodríguez, de Formato Verde, explicou como a chegada da crise supuxo unha bendición para a súa empresa despois do choque inicial das perdas económicas, xa que os obrigou a buscar un posicionamento realmente innovador no mercado. Miguel Castro, de Enyiris, expuxo como o fenómeno da co creación está a cambiar as nosas vidas grazas aos procesos facilitados pola tecnoloxía, coa que estamos conectados a un gran cerebro onde os coñecementos de todos son de todos.
n
nO enxeñeiro Ricardo Capilla definiuse como un marciano na administración, facendo fincapé na necesidade de que haxa cada vez máis persoas que cuestionen os dogmas establecidos para xerar valor e coñecemento.
n
nMónica Moure preguntoulles aos asistentes se na súa vida queren ser Batman ou Robin, en referencia á opción de decidir estar na primeira liña e tomar decisións ou quedar á sombra doutros.
n
nA deseñadora industrial Marta Falcón definiu ou o seu traballo como a capacidade de dar forma ás ideas, actuando a xeito de conector entre as cousas e as persoas. Alentando a todos a reinventarse, insistiu en que o importante é ter ideas porque nada é imposible.
n
nJorge Cebreiros apuntou que a emoción e a humildade son fundamentais na comunicación e animou aos asistentes a mellorar a súa vida enviándolle inmediatamente a alguén unha mensaxe para dicirlle o importante que é para eles.
n
n18 minutos exactos
n
nTodos estes profesionais de tan diferentes ámbitos fóronse sucedendo uns a outros ao longo da mañá en charlas de 18 minutos exactos. Con esta mesma fórmula, completaron a xornada o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, o emprendedor tecnolóxico Andrés Mazaira, o avogado experto en internet José Manuel Pérez, a compositora e cantante Patricia Moon e a mestra de educación especial Fátima García.
n
nTED, que significa Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están invitados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.
n
nO evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos figuras como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2). Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia do xeito máis atractivo posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos.
n
nPosteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia.
n
n(Fonte: Tecnópole)