Máis da metade das empresas prevén investir máis recursos en ciberseguridade

A ciberseguridade é un sector en auxe, con ciberataques cada vez máis sofisticados e virulentos, e é que, o 90% das empresas españolas víronse afectadas este ano por algún tipo de ciberameaza. Ante este escenario e, segundo datos do estudo Estado da ciberseguridade en España, elaborado por Secure&IT, máis da metade das empresas (51,3%) ten previsto incrementar o seu investimento para protexerse neste ámbito. Das restantes, o 44% manterán os mesmos niveis que o ano pasado; case un 1% empezarán a investir, e só un 3,8% manifestaron a súa intención de reducilos.

Neste contexto de dificultade, os niveis de investimento tamén medran entre as empresas que deciden apostar pola ciberseguridade: un 32% aumentan o seu investimento nun 20%; un 11,6% das organizacións enquisadas farao entre o 21% e o 50%; e case un 7% das compañías incrementarano en máis da metade que o ano anterior.

Fonte: La Voz de Galicia