Biofilia, sustentabilidade e, en xeral, mellora da calidade de vida son varios dos conceptos que van asociados ás edificacións construídas coa madeira como elemento principal; conceptos que se incrementan ao tratarse de instalacións destinadas ao coidado da saúde. Os beneficios que as construcións nun material natural e orgánico como é a madeira teñen sobre a saúde das persoas non son novos. De feito, o Clúster da Madeira e o da Saúde de Galicia asinaron no ano 2020 un convenio de colaboración para atopar solucións seguras e fiables que resultasen en espazos seguros para garantir a saúde das persoas.
Neste sentido, demostrouse que o contacto coa natureza axuda a que os pacientes se recuperen e sentan sintan mellor, axudando a que os tratamentos fagan máis efecto e que se necesite menos medicación, segundo sinalan diferentes estudos. A entrada de luz natural, as texturas, o uso da madeira…. axudan a isto. Do mesmo xeito, este material impacta de forma positiva no benestar mental, reducindo a tensión igual que o fai a propia natureza.
Outro dos beneficios, especialmente importante no contexto actual, é o aforro enerxético durante toda a vida útil do edificio. Illamento térmico 15 veces superior ao formigón, 400 veces mellor que o aceiro e 1.770 veces mellor que o aluminio; redución das emisións de C02 e reciclaxe dos materiais son os principais puntos fortes da madeira como elemento de construción para un futuro sustentable.
Fonte: La Región