Logros españois para a ciencia

En 2012, España deixou á comunidade científica mundial novas terapias médicas, importantes avances en cancro, xenética e envellecemento, o bosón de Higgs ou a chegada de Curiosity a Marte.

n
n

nEspaña logrou importantes avances en ciencia e tecnoloxía en 2012. O Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) conseguiu prolongar un 24% a vida de ratos cun tratamento que actúa introducindo o xene da telomerasa nas células.
n
nAdemais, o Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge, presentou o primeiro epixenoma de Europa. O seu estudo describía os perfís epixenéticos -modificacións químicas no ADN- dos glóbulos brancos de dúas mulleres, unha sa e outra cunha enfermidade xenética.
n
nTamén foi portada de Nature a secuenciación do xenoma do tomate por un consorcio internacional, no que varios centros españois se ocuparon do cromosoma 9. Outro grupo científico con españois nas súas filas describiu en Science a mutación responsable de que os tomates sexan máis bonitos pero menos saborosos.
n
nPouco despois, os científicos do proxecto Melonomics descifraron outro xenoma dun vexetal con grande importancia económica, o do melón. Foi a primeira vez que unha iniciativa pública-privada española conseguía o xenoma completo dunha especie de planta superior, con flor e produtora de sementes.
n
nDúas noticias científicas abriron os telexornais: o 4 de xullo, o achado do bosón de Higgs, foi escollido polas revistas Science e Nature como o maior fito da ciencia mundial en 2012; e o 6 de agosto, a aterraxe en Marte do Curiosity, a manobra máis complexa dos robots de exploración planetaria da NASA. Nunha e noutra fazaña os científicos españois estiveron moi presentes.
n
n(Fonte: Spain Technology)

n