Lisboa acolle o VIII Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos

Baixo o título ‘Europa 2020: unha estratexia conxunta’ os días 2 e 3 de xullo terá lugar en Lisboa o oitavo Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, evento que promoven a Asociación Portuguesa de Parques de Ciencia e Tecnoloxía (TecParques) e a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).

Esta edición celebrarase en Taguspark – Parque de Ciencia e Tecnoloxía, situado en Lisboa. Durante 2 días os representantes dos parques científicos e tecnolóxicos lusos e españois reuniranse para debater sobre a especialización dos parques e a colaboración entre estas entidades. Así mesmo está previsto o desenvolvemento dun encontro empresarial entre entidades portuguesas e españolas.

Brokerage event

De forma paralela vaise organizar un encontro empresarial entre entidades portuguesas e españolas que baixo o título “H2020 opportunities for private and public cooperation” pretende fomentar o contacto entre entidades interesadas en participar en convocatorias de Horizonte 2020 co obxectivo de promover a creación de posibles consorcios.

(Fonte: APTE)