Li-Fi, a innovadora tecnoloxía que substituirá ao Wi-Fi

Os métodos para conectarnos a Internet foron evolucionando de cables con conexións moi lentas, a tecnoloxías sen fíos que nos ofrecen conectividade móbil. O Wi-Fi foi unha desas formas que perdurou con lixeiras actualizacións, ofrecéndonos estar conectados a Internet sen necesidade de cables, nun rango limitado de espazo.

Grazas ao sitio Science Alert, decatámonos do que podería ser o substituto do Wi-Fi. Esta tecnoloxía, chamada Li-Fi, transmite información a grandes velocidades sen cables, por medio de luz visible (VLC, polas súas siglas en inglés).

En probas de laboratorio, o Li-Fi alcanzou velocidades de ata 225 xigabits por segundo, mentres que o Wi-Fi, co protocolo 802.11 ac, só chega ata 1 xigabit por segundo en condicións ideais.

Esta nova tecnoloxía xa foi levada a probas, fóra de laboratorio, en Tallin, Estonia, onde se alcanzou unha velocidade de transmisión de datos de 1 GB/s. Deepak Solanki, CEO de Velmenni, unha empresa de tecnoloxía, comentou: “Estamos a facer varios proxectos piloto en diferentes industrias onde poidamos usar a tecnoloxía de luz visible (VLC). Actualmente deseñamos unha solución intelixente de luz para un ambiente industrial onde a comunicación se realiza por medio de luz. Tamén estamos facendo un proxecto piloto cun cliente onde estamos a configurar unha rede de Li-Fi para acceso de Internet na súa oficina”.

A tecnoloxía Li-Fi utiliza a luz dos leds para transmitir datos dun lado a outro, acendendo e apagando a velocidades ultra rápidas, polo que non é visible e en cambio os beneficios na velocidade ao transmitir datos, si o son.

Li-Fi é unha tecnoloxía nova que data do 2011 e foi inventada por Harald Haas na Universidade de Edinburh, en Escocia. Espera que nas próximas décadas, Li-Fi e Wi-Fi se complementen para crear redes máis veloces e seguras.

(Fonte: Agencias)