"Ola, moi bos días. Chámome Juan Verde e quero dicirlles que hoxe en día, ser verde non só ten sentido senón que ademais é rendible". Con este habilidoso xogo de palabras apenas tardou o asesor de Barack Obama en España en chamar a atención do auditorio congregado no auditorio de Miñano, uns 200 profesionais chegados a Vitoria dende 80 parques tecnolóxicos e científicos.
n
n
nNo contexto da X Conferencia internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), o especialista español (aínda que reside nos Estados Unidos dende os 15 anos) repasou a "evidencia" do cambio climático e advertiu ás empresas dos retos e oportunidades que presenta esta nova "encrucillada histórica". Asumido pola comunidade científica que o debate sobre as consecuencias e os causantes do cambio climático "está xa pechado", é o tempo dos desafíos, dixo, de preguntarse se seremos capaces de reinventar os nosos modelos económicos.
n
nCun ritmo trepidante e un manexo dos tempos perfecto, Verde acompañou cada unha das súas interrogantes cun torrente de argumentos e cifras tan extenso como revelador. Así, por exemplo, reiterou a necesidade de apostar "sen límite" pola innovación no campo das enerxías limpas porque no futuro, o prezo dos combustibles fósiles como o petróleo non deixará de subir nun escenario onde tampouco a poboación deixará de crecer (prevese que en 2020 o mundo estea poboado por 10.000 millóns de persoas), co que o binomio demanda-prezo obrigará ás sociedades a ser máis competitivas. "As facebook ou as google do futuro serán as que dean resposta a estes retos", advertiu.
n
nAo seu xuízo, o panorama é ilusionante. No horizonte dos próximos vinte anos debuxa o asesor de Obama un planeta "moi distinto" ao actual, cunhas sociedades moito máis sustentables ("o 72% afirma que sería máis sustentable hoxe se os prezos dos produtos fosen menores ou mesmo iguais") e un modelo empresarial baseado na innovación, un concepto determinante, aseverou, "porque aumenta a competitividade e reduce os prezos". Tamén tivo tempo de abordar o polémico fracking alavés: "Son pragmático e o futuro debe ser o das enerxías limpas, pero no curto, nesa transición dos próximos vinte anos, si teñen sentido outras fontes de enerxías como o caso do gas xisto ou a nuclear".
n
nConferencia APTE
n
nA conferencia internacional de parques tecnolóxicos, na que participou Tecnópole, celebrouse a semana pasada en Vitoria coa presenza de ao redor de 200 representantes de parques. O eixe central do encontro foi impulsar as iniciativas que os parques desenvolven en materia de economía sustentable. Así pois, durante tres días os participantes tiveron a oportunidade de intercambiar iniciativas e proxectos de cara a promover o papel dos parques nas estratexias de desenvolvemento sustentable.
n
nO primeiro día da conferencia internacional celebrouse a asemblea xeral da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), na que os parques analizaron as actividades que desenvolve actualmente a Asociación e as estratexias de futuro. Un dos puntos máis destacados da xornada foi a acreditación do Parque Científico Tecnolóxico de Huelva como parque Socio, co que a APTE congrega xa 48 parques operativos, ademais de 28 Afiliados e un membro Colaborador.
n
n(Fonte: Diario de Álava e APTE)