Jamones González recibe o apoio da Xunta para a súa internacionalización

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), Javier Tabo, visitaron no Corgo a peme Jamones González, seleccionada xunto a outras 29 empresas galegas no programa Galicia Avanza, unha «aceleradora de internacionalización da innovación» que ten como obxectivo situar no mercado exterior a solucións innovadoras no menor tempo posible.

«Con esta iniciativa perséguese reforzar a consolidación das pemes galegas non mercado internacional», apuntan desde a Xunta. O esforzo da empresa Jamones González, dedicada á elaboración de produtos derivados do porcino e que conta con varios selos de calidade, vese recompensado desta forma, co obxectivo de reforzar a súa comercialización en mercados continentais como Dinamarca, Alemaña, Francia e Portugal. Así, a compañía prevé crear un departamento de exportación, investir en marketing internacional, facer unha análise do potencial de internacionalización para elixir mercados e buscar canles de promoción.

A primeira convocatoria de Galicia Avanza recibiu 42 solicitudes, das que foron seleccionadas 30, cinco delas na provincia de Lugo. As compañías escollidas pertencen a diferentes sectores, como o turismo, a alimentación, a biotecnoloxía, a saúde, a enerxía, a automoción ou o aeroespacial.

No seu conxunto, este trinta empresas facturaron máis de 100 millóns de euros no período 2020-2021, dando traballo a máis de 470 persoas. Durante un período de oito meses, cada unha delas accederá a un itinerario personalizado en campos como o estudo de mercados, estratexias de marketing, adaptación de produtos ou servizos, o deseño e o rexistro de marcas ou estratexias de acceso a mercados. Ademais, recibirán titorización, asesoramento e formación especializada.

Fonte: El Progreso