Investigadores traballan en ‘smartphones’ que se recargan ao falar

Investigadores da Universidade Sungkyunkan en Seúl están a desenvolver un sistema que permitiría recargar as baterías dos teléfonos móbiles convertendo o son en electricidade. Os dispositivos recargarían a súa batería mentres os usuarios falan ou escoitan música.

n
n

 

n

A batería dos 'smartphones' é un dos aspectos que aínda están por mellorar nos dispositivos de última xeración. As altas prestacións dos teléfonos fan que a duración da súa autonomía non sexa elevada, obrigando os usuarios a recargala cunha frecuencia alta e limitando as súas posibilidades.

n

 

n

Os científicos traballan en novos compoñentes que poidan mellorar a duración das baterías minimizando o consumo que require, por exemplo, o procesador. Pero unha universidade de Seúl se investiga outra posibilidade.

n

 

n

A idea é que os teléfonos poidan recargar a súa batería co uso, neste caso mentres os usuarios falan ou escoitan música. Os enxeñeiros da Universidade Sungkyunkan traballan nun sistema que transforma os sons en electricidade, o que permitiría ao teléfono almacenar enerxía.

n

 

n

O doutor Sang-Woo Kim confirmou ao diario The Telegraph o proxecto. "Unha serie de enfoques sobre o varrido de enerxía en ambientes sonoros está sendo explorada. O son sempre está na nosa vida. Isto motivounos para realizar estudos sobre a xeración de enerxía en torno á voz, á música ou o ruído ambiente,", explicou.

n

 

n

Grazas a esta tecnoloxía, os teléfonos recargarían batería en vez de perdela durante as conversacións dos usuarios. "A potencia de son pódese utilizar para cargar batería durante as conversacións", explicou o doutor Sang-Woo Kim.

n

 

n

As posibilidades de xerar electricidade co son tamén poderían ser utilizadas á hora de reducir contaminación acústica. Deste xeito, o equipo de Sang-Woo Kim asegurou que podería "reducir os niveis de ruído preto de estradas absorbendo a enerxía do son dos vehículos".

n

 

n

O sistema para conseguir transformar o son en enerxía eléctrica conséguese grazas a un receptor con fibra de cinc que responden ao son con movementos que xeran corrente eléctrica. Segundo The Telegraph, un primeiro prototipo desta tecnoloxía conseguiu transformar con éxito ruído de tráfico en enerxía eléctrica.

n

 

n

O sistema debe perfeccionarse para conseguir aumentar o volume de enerxía transformada, pero os primeiros experimentos confirman que é posible.

n

 

n

(Fonte: Europa Press)

n