Investigadores gardan máis de 1000 TB de información nun DVD

Este proxecto comezou en 2013 cando un grupo de investigadores decidiu reinventar o clásico DVD -de 4,7 a 8,5 xigas de capacidade- nun disco capaz de traspasar os 1000 terabytes. Agora, esta iniciativa recibiu luz verde grazas á concesión dunha bolsa que permite a súa continuidade e que, dalgunha forma, espera que chegue algún día ao mercado.

Ata o momento a teoría do límite de almacenamento óptico rezaba que os raios láser non podían emitir a menos de 500 nanómetros (o láser vermello utilizado en lectores de DVD ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros). Coa chegada do BluRay e o seu láser azul esta cifra baixou ata os 405 nanómetros e, ao parecer, este número pode baixar aínda máis.

Nesta ocasión o equipo de investigadores dirixido por Dr. Zongsong superou os límites de almacenamento óptico co uso dos raios láser de 500 nanómetros. Mentres que o primeiro serve para gravar a información, o segundo de cor púrpura utilízase para bloquear o raio de luz deixando incididir tan só 9 nanómetros no disco.

Os resultados deste experimento foron sorprendentes. Ao reducir grande parte do espazo que se necesita para almacenar bits, a cantidade de información retida aumenta extraordinariamente superando mesmo a cifra dos 1.000 terabytes.

Non obstante, a pesar desta vantaxe tamén conta cunha parte negativa como por exemplo o tempo de gravación de información dada a enorme capacidade do DVD. Así mesmo, a información que se acumula nun disco de 12 cm de diámetro pode resultar danada doadamente o que leva consigo a perder todos os datos almacenados ao igual que acontece nun DVD convencional.

(Fonte: Europa Press)