Investigadores de Lugo buscan relanzar a sidra galega

Seleccionar as variedades de mazá de maior calidade, potenciar o seu cultivo, avaliar os consumidores e poñer a punto técnicas de elaboración que permitan relanzar a produción e comercialización de sidra galega. Estes son os obxectivos que persegue un proxecto de investigación promovido por un equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo e que, coordinado por Belén Díaz Hernández, está previsto que finalice en setembro.

n

Díaz Hernández asegura que a sidra asturiana e vasca deben "en parte a súa calidade ás mazás galegas", que tradicionalmente véndense nestas comunidades. De feito, en Galicia prodúcense cada ano unhas 85.000 toneladas de mazás, das que a metade son de sidra e, destas, dous terzos se corresponden a variedades locais que se comercializan en Asturias e o País Vasco.

n

 

n

O proxecto persegue a selección de plantacións galegas de mazá de sidra para a elaboración de bebidas de elevada calidade. Outro dos obxectivos pasa pola busca de novos patróns na elaboración de sidra e a potenciación do cultivo regular en Galicia das variedades autóctonas seleccionadas. Os investigadores realizarán ademais unha caracterización sensorial dos produtos obtidos cun panel de catadores.

n

 

n

(Fonte: El País)

n