Investigadores australianos crean paneis solares imprimibles

Investigadores da axencia nacional de ciencia de Australia e das universidades de Melbourne e Monash desenvolveron novos paneis solares capaces de ser creados mediante impresoras 3D convencionais. Non obstante, o feito de facer paneis imprimibles non é a parte máis importante da noticia, pois os paneis creados por este método teñen propiedades coas que non contan os seus similares fabricados polo método tradicional.

O baixo custo de produción, a lixeireza e sobre todo a flexibilidade, son algunhas das propiedades dos paneis solares imprimibles que fan pensar nun futuro repleto de obxectos con coberturas capaces de xerar electricidade.

Os paneis solares imprimibles, que están a un paso de chegar a un nivel de desenvolvemento capaz de comercializarse, tamén son semi transparentes, polo cal, os seus creadores propoñen utilizalos como ventás entintadas para cubrir as pantallas dos dispositivos.

Por último, os desenvolvedores mencionan que o proxecto apunta a poder elixir a cor e a aparencia dos paneis ademais de ser imprimibles sobre outras superficies como ventás e teitos, así que as posibilidades son incriblemente amplas.

(Fonte: Innovaticias)