Invest in Spain preséntase ante as empresas de Tecnópole

Un grupo de empresarios de Tecnópole asistiu a pasada semana a unha reunión de traballo con representantes de Invest Spain no que se informou sobre as oportunidades de financiamento que supón este instrumento europeo ligado ao Fondo Tecnolóxico.

n
n

 

n

Invest in Spain colabora co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) dende fai xa varios anos na busca de posibles investimentos estranxeiros en España. Durante a súa visita a Tecnópole estableceron contacto con empresas participadas por capital estranxeiro e, polo tanto, susceptibles de ser beneficiarias de axudas a fondo perdido para proxectos de I+D+i en fase piloto e en fase de implantación.

n

 

n

A directora executiva de Operacións, Marian Scheifler, e o xefe de Unidade Fondo Tecnolóxico de Invest in Spain (Sociedade Estatal para a Promoción e Atracción dos Investimentos Exteriores) expuxeron aos asistentes as condicións de acceso á liña de financiamento de dous millóns de euros habilitada co propósito de fomentar a I+D+i nas empresas de capital estranxeiro que pretendan implantarse en España ou naquelas que, estando xa implantadas, pretendan iniciar as súas actividades de I+D+i. As axudas cobren ata o 80% en investigación aplicada e o 60% en desenvolvemento experimental sobre o total da cantidade considerada como subvencionable. Toda a información sobre esta convocatoria está dispoñible aquí.

n

 

n

(Fonte: Tecnópole)