Intentan aplicar sistemas vivos a ordenadores para facelos máis intelixentes

O Centro de Regulación Genómica (CRG) de Barcelona lidera o proxecto europeo Swan-organ, que intenta aplicar a ordenadores e ao desenvolvemento de robots e novas tecnoloxías sistemas biolóxicos vivos e xenes para que sexan máis intelixentes e se saiban adaptar, como o fan as plantas ou os humanos.

n
n

nSegundo informou o CRG, o proxecto, que conta cun presuposto de 2,2 millóns de euros financiado pola Comisión Europea, intenta comprender sistemas vivos, como a organización das células que forman un órgano ou o control do crecemento espacial nas plantas, e aplicar estes principios a sistemas tecnolóxicos.
n
nO obxectivo da investigación, na que colaboran científicos españois, británicos e holandeses, é conseguir ordenadores e robots máis intelixentes e con capacidade de adaptación. Os científicos comprobaron que, comparado coa tecnoloxía feita polos humanos, os organismos vivos teñen unha envexable capacidade para adaptarse a novas situacións, tomar decisións complexas e mesmo se curar cando se lesionan.
n
nPola contra, os sistemas tecnolóxicos rara vez poden facer fronte ao inesperado. Por iso, os científicos do CRG fixáronse en que un importante exemplo da intelixencia no deseño biolóxico é a organización multicelular xa que os millóns de células que forman un embrión nos seus primeiros estadios, só poden comunicarse coas súas células veciñas.
n
nAínda así, son capaces de tomar as decisións correctas e, xuntas, colaborar para construír os órganos e todo un corpo enteiro.
n
nComprender como estas células conseguen este reto non só significará un beneficio para a investigación biomédica senón que tamén podería axudar a construír tecnoloxía máis intelixente. O proxecto Swan-Organ céntrase en sistemas que conteñen un gran número de axentes autónomos e relativamente simples que son capaces de organizarse entre eles e formar, por exemplo, unha disposición espacial complexa, aínda que cada axente só teña coñecemento individual.
n
nForman patróns complexos que lles permiten responder a conflitos ou a danos actuando localmente pero en beneficio da totalidade. "Aínda que inicialmente nos formulamos cuestións biolóxicas sobre o desenvolvemento embrionario, funme interesando polas similitudes potenciais entre os órganos multicelulares e os robots que actúan en multitude", confesou o científico James Sharpe, coordinador do proxecto.
n
n"O plan é que este proxecto sexa igualmente relevante para ambos os dous campos, a bioloxía e a tecnoloxía, centrándose en descubrir os principios organizativos destes sistemas". O obxectivo do proxecto é identificar os principios destes sistemas e utilizalos para deseñar un marco teórico sobre o control adaptativo distribuído.
n
nEn concreto, os investigadores abordarán unha cuestión específica, as redes de regulación dos xenes, como un método potencial de control para estes sistemas. Comparando as redes entre diferentes sistemas biolóxicos, serán capaces de identificar patróns e principios fundamentais que poden ser aplicados ao desenvolvemento de novas tecnoloxías.
n
nO proxecto está coordinado polo profesor de investigación ICREA, James Sharpe, coordinador en funcións do programa de Bioloxía de Sistemas o Centro de Regulación Genómica (CRG) en Barcelona (España).
n
nOs outros grupos de investigación participantes están liderados por Yaochu jin, University of Surrey (Reino Unido), Jaarp Kaandorp, Universiteit van Amsterdam (Holanda) e Veronica Grieneisen, John Innes Centre (Reino Unido).
n
n(Fonte: EFE)

n