n
n
A empresa Intellectia Bank, con sede en Tecnópole, logrou captar 1,3 millóns de euros procedentes do Plan Avanza2 para financiar dous proxectos de I+D+i, ambos os dous coa colaboración de investigadores da Universidade de Vigo. A entidade académica, que participa nestas dúas iniciativas a través da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, ingresará 600.000 euros grazas á súa contratación por parte da empresa galega.
n
n
n
n
n
n
O primeiro dos proxectos ('Innoamb'), que se executará ao amparo da liña 'TIC verdes' do Avanza2, logrou captar 689.000 euros para o desenvolvemento dun prototipo de solución informática destinada á mellora, dentro do proceso produtivo, das operacións de medición e control naquelas empresas nas que, polo seu obxecto de negocio, resulte conveniente realizar unha monitorización exhaustiva de parámetros variables vinculados á explotación.
n
n
Un dos sectores con maiores oportunidades de explotar estas novas tecnoloxías na mellora do control do proceso produtivo é o sector agrícola (agricultura de precisión). Por esta razón, o obxectivo fundamental que se persegue é o desenvolvemento dun prototipo que permita obter información para realizar tarefas de control exhaustivo de parámetros ambientais, así como para proporcionar apoio na toma de decisións a curto, medio e longo prazo, permitindo aos usuarios alcanzar unha posición estratéxica no sector.
n
n
O outro proxecto, 'Intelltec 5.1', conseguiu 623.000 do Plan Avanza2 na súa liña de 'TIC dixitais'. O seu propósito é ofrecer solucións fiables de verificación da información en internet definindo un prototipo de sistema que permita autenticar contidos e persoas na rede, garantindo a calidade e fiabilidade da información, así como o sector poboacional ao que vai dirixido. Neste proxecto formúlase tamén a xestión de contidos como mecanismo para ofrecer material informativo categorizar que facilite a busca e recuperación de información aos usuarios do servizo. Trátase dun proxecto novidoso no ámbito da web semántica.
n
n
(Fonte: Intellectia Bank)
n
n
n
n
n