Intellectia Bank expándese fóra de Galicia cunha nova sede en León

A empresa Intellectia Bank, con sede central en Tecnópole, iniciou a súa expansión fóra de Galicia coa apertura dunha oficina no Centro de Empresas de Base Tecnolóxica de León.

A nova delegación suporá o incremento do persoal total da empresa, que neste momento conta con 15 empregados, coa incorporación de tres personas para atender especificamente os proxectos xerados en Castela e León, co apoio do equipo radicado en Galicia.

“Na actual conxuntura de crise, apostamos polas persoas”, asegura José Manuel Castro, director da empresa. “O noso potente equipo de investigadores, con alta preparación en enxeñaría, son a base para competir cos mellores de todo o mundo”. No seu multidisciplinar cadro de persoal figuran diferentes perfís técnicos e de desenvolvemento de negocio: enxeñeiros de telecomunicacións, industrial, electrónico, de minas, agroalimentario e informático; expertos en biotecnoloxía, medio ambiente e turismo; e técnicos en administración de empresas e mercadotecnia.

Intellectia Bank é unha empresa dedicada á I+D+i no ámbito da enxeñaría, as TIC e a biotecnoloxía. A súa actividade está especializada na monitorización, concretamente no deseño e desenvolvemento de sensores.

A isto súmase a liña de diversificación de negocio da empresa, destinada a investigar novas ferramentas, produtos e aplicacións tecnolóxicas en todos os sectores produtivos. Neste ámbito, hai uns meses puxo en marcha a comercialización de semente de cogomelos a través da marca Miceup, que comercializa o micelio en gran para poder cultivalas durante todo o ano.

(Fonte: Intellectia Bank)