Intel anunciou a próxima produción comercial de 'microchips' cun novo deseño de transistores baseados na tecnoloxía 'Tri-Gate', a primeira que emprega unha estrutura en tres dimensións. Este novo deseño cristalizará nun novo procesador realizado en 22 nm baixo o nome en clave 'Ivy Bridge'.
n
n
n
Os transistores tradicionais 'planos' vense substituídos por conducións 'tridimensionais' de silicio dun grosor incriblemente reducido, que se alzan en vertical dende o substrato de silicio.
n
n
O control das correntes realízase mediante a implementación de 'portas' en cada un dos tres lados expostos da condución, dous en cada lado e unha terceira na parte superior, en lugar dunha única porta na parte superior, como adoita ser o caso dos transistores bidimensionais.
n
n
Este avance permitirá, segundo Intel, mellorar a eficiencia en prestacións á vez que aumentará o aforro enerxético.
n
n
O Presidente e Conselleiro delegado de Intel, Paul Otellini, declarou que "os científicos e enxeñeiros de Intel reinventaron o transistor unha vez máis, e esta vez fixérono abríndoos á terceira dimensión".
n
n
Un compoñente básico
n
n
Os transistores son un compoñente básico en todo circuíto electrónico. Este novo modelo, deseñado dende 2002, comezará a producirse a gran escala este verán, e incorporarase a un microprocesador en 22 nanómetros denominado 'Ivy Bridge'… Será o primeiro modelo en tres dimensións producido a gran escala.
n
n
Un transistor de 22 nm é tan pequeno que se poderían encaixar 4000 deles no ancho dun pelo humano.
n
n
Kaizad Mistry, director do programa de 22 nanómetros de Intel, afirmou que esta tecnoloxía "mellora a eficiencia da enerxía e permite unha maior duración da batería co mesmo rendemento, o que alonga a vida da batería".
n
n
Os transistores tridimensionais permiten aos 'chips' baseados neles operar a unha voltaxe máis reducida con menores perdas eléctricas, co que, se se compara coa xeración anterior, ofrecen unha combinación de prestacións e eficiencia enerxética moito maior.
n
n
Esta mellora de prestacións abre a porta a novas posibilidades de innovación, que irían dende os dispositivos móbiles máis pequenos ata potentes servidores para computación en nube.
n
n
A Lei de Moore
n
n
Estes transmisores permitirán que se siga cumprindo a Lei de Moore, unha predición do desenvolvemento da tecnoloxía de semicondutores de silicio, que afirma que a densidade dos transistores dun 'chip' se dobra aproximadamente cada dous anos, o que aumenta a súa funcionalidade e as súas prestacións á vez que se reducen os custos.
n
n
Intel actualmente representa arredor do 80% das vendas de microprocesadores, segundo os analistas de mercado IDC. O seu rival máis próximo é Advanced Micro Devices (AMD), que ten unha cota de mercado do 19%.
n
n
AMD foi a primeira en producir un prototipo de chip de 22 nanómetros no 2008, e espera que adopte un sistema similar baseado na aleta de Intel, coñecido como FinFET. Non obstante, a empresa aínda non anunciou os seus plans para a produción comercial.
n
n
(Fonte: El Mundo)
n