Innovadora ala intelixente desenvolvida por Aernnova

Aernnova Aeroestucturas Álava, do mesmo grupo empresarial que Coasa, entregou ao consocio europeo Clean Sky unha ala intelixente coa que se pretende reducir nun 5% a resistencia aerodinámica do avión, o que levará consigo un importante aforro de combustible.

A ala, pertence a un proxecto único en Europa o que ademais de Aernnova participan varias empresas e centros como Airbus, GKN, Saab, e Dassault, entre outros. Será instalada nun Airbus A340-300 para o seu ensaio en voo e, se hai éxito como consecuencia destes ensaios, constituirá unha nova referencia de eficiencia aerodinámica para futuros programas do fabricante europeo.

Segundo explicou a compañía, ademais de deseñar e fabricar certas partes elementais, está a realizar tamén a integración final do produto na súa filial Aernnova Aeroestructuras Álava.

“Trátase dun proxecto único en Europa mediante o que Aernnova dará un salto cualitativo tanto na fabricación de alas como nos seus procesos de montaxe, introducindo melloras nos útiles, metroloxía, monitorización e automatización”, destacaron.

Clean Sky

Clean Sky é un proxecto europeo formado para investigar no deseño da futura xeración de aeronaves máis respectuosas co medio ambiente. Constituíuse en 2009 como un consorcio público-privado (Comisión Europea-Industria) no que Aernnova ten o rango de membro asociado.

O Consorcio Clean Sky desenvolveu, no período 2009-15, tecnoloxías que se integran en cinco grandes demostradores para ensaios en voo. A contribución de Aernnova forma parte da plataforma da ala Intelixente destinado a mellorar a eficiencia dos produtos, neste caso dos avións.

Aernnova destacou que grazas a este proxecto, se sitúa “na cabeza” do desenvolvemento tecnolóxico da aeronáutica europea dende o seu centro de enxeñería e I+D+i do Parque Tecnolóxico de Álava, onde traballan máis de 400 enxeñeiros e investigadores, e tamén dende a súa filial Aernnova Aeroestructuras de Álava “que será a gran beneficiaria dos avances en mellora de produtos e procesos”.

(Fonte: Europa Press)