Innovador sistema para o uso eficiente de enerxías limpas

Investigadores da Universitat Politècnica de València, crean un innovador sistema capaz de sincronizar a oferta e demanda da subministración de enerxías limpas.

“A miúdo a enerxía non se produce nos momentos de máxima demanda, e isto complícase aínda máis cando falamos de enerxías renovables como a solar, eólica ou biomasa, nas que ademais se suma a dificultade na súa almacenaxe. Este sistema é capaz de prever picos de subministración de enerxía das diferentes fontes, informando ao usuario de cando están dispoñibles os diferentes tipos de enerxía, para que poidan realizar un o seu uso racional,”, apunta Stefan Beyer, director da área de Internet e Computación Ubicua do ITI.

Desenvolvido no marco do proxecto Origin, este novidoso sistema está implantado en tres ecoaldeas, repartidas por diferentes puntos de Europa con características xeográficas e ambientais moi distintas como son Damanhur en Italia Tamera en Portugal e Findhorn en Escocia. Todas elas utilizan como fonte principal de subministración enerxías verdes, e o obxectivo foi conseguir optimizar o uso destas enerxías limpas, sincronizando a oferta e demanda, para minimizar ao máximo o uso doutro tipo de enerxías.

“O Noso sistema permite sincronizar a enerxía xerada nestas tres comunidades a través de turbinas eólicas, paneis solares, biomasa de calefacción urbana e bombas de calor, coas necesidades enerxéticas dos edificios públicos, casa e negocios de estas eco-aldeas”, apunta Stefan Beyer.

Para iso, monitorizáronse cada unha das vivendas que forman parte destas comunidades, obtendo datos de consumo dos usuarios e comportamentos de uso das diferentes enerxías. Todos estes datos, xunto con outros, como por exemplo, a previsión do tempo, son centralizados e procesados polo sistema

Este centro de enerxía intelixente é o resultado de tres anos de investigación dentro do proxecto europeo Origin, no que participan empresas como a portuguesa ISA – Intelligent Sensing Anywhere; universidades como Heriot Watt en Edimburgo e Strathclyde no Reino Unido, e centros de investigación como o alemán Fraunhofer e o español ITI.

(Fonte: Innovaticias)