Innovador robot con tecnoloxía española para reciclaxe

Nun futuro non moi afastado, a intelixencia artificial será capaz de ver e de controlar todo o que está a suceder nunha planta de reciclaxe. O primeiro obxectivo a vencer foi o de traballar cun autómata na liña de control de calidade.

A empresa de equipos de manipulación Eugene (BHS) instalou recentemente un robot chamado Max-AITM Autonomous QC, que está a traballar provisto dun clasificador óptico nunha instalación de recuperación de materiais en Los Ángeles e se encarga de eliminar aqueles produtos que non sexan de PET da liña de reciclaxe.

O desenvolvemento da devandita tecnoloxía foi o resultado dun ano e media de cooperación na que participaron BHS (Bulk Handling Systems) e NRT, coa compañía española con sede en Barcelona, Sadako Technologies como partner tecnolóxico.

Segundo os seus creadores, Max-AITM é algo máis que un robot que realiza a “limpeza” na corrente de envases de PET. BHS e Sadako están a traballar para perfeccionar a tecnoloxía, co fin de que poida realizar outras tarefas, como o control de calidade doutras liñas de produción e preordenar as funcións, así como incorporado nos cerebros informáticos das instalacións.

“Unha das nosas principais mensaxes é que Max-AITM podería ser o cerebro que manexe todo o sistema,” dixo Brian Wells, director de xestión de produtos de BHS. ” Max-AITM vaise converter no sistema nervioso central para as plantas de reciclaxe”.

Efectividade e rapidez

O robot Max-AITM Autónomous-QC foi instalado na empresa de reciclaxe MRF (Advanced Materials Recovery Facility) de Athens Services, que se atopa nun barrio de Los Ángeles (California, EEUU) chamado Sun Valley.

A tecnoloxía empregada para a súa construción é a Deep Learning (aprendizaxe profunda). Max-AITM utiliza un sistema de redes neuronais multicapa e un de visión por ordenador: isto permítelle ver obxectos e identificalos, do mesmo xeito que o faría unha persoa, coa vantaxe da rapidez e a precisión das súas accións.

O “Autonomous QC” instalado en MRF é o encargado de facer a clasificación final dos envases, tras a primaria que é obra dun separador óptico de NRT. Max-AITM, emprega a súa visión para situar os obxectos, a súa intelixencia artificial permítelle identificalos e o seu sistema robótico recólleos e desbota.

Desta forma o fluxo de produtos de refugallo vese libre doutros elementos como aluminios, plásticos diferentes e bandexas termoformadas, de tal xeito que só flúen as botellas de PET que serán reciclados. Grazas ao seu sistema de IA estas accións realízanse de forma eficaz e o seu rendemento excede con creces as capacidades dos seres humanos.

(Fonte: Axencias)