A denominada “espionaxe industrial” é unha realidade que existe dende que as industria son tales. O tema deu lugar á confección de libros, sistemas de protección e ata películas; pero este tipo de competencia desleal estase a popularizar, debido a que, grazas ás comunicacións, é posible decatarse en segundos de que se inventou en calquera sitio do mundo.
Un dos maiores problemas téñeno as pequenas empresas, cuxos produtos son replicados ás veces tal cal os ideou ou noutras ocasións con pequenas modificacións e este acto innobre realízano grandes corporacións ás que logo é practicamente imposible demandar por plaxio.
Outro dos problemas que carrexa a innovación é que entre os participantes do emprendemento non haxa unha boa relación. Déronse casos de empresas que a punto de sacar ao mercado unha nova produción, atopan con que o seu “socio” puxo en circulación un elemento similar e “roubou” os créditos.
Anatomía do plaxio
Así é como polo xeral se desenvolve a “copia”: unha grande empresa a través da súa ampla rede de investigación (por exemplo, online) tropeza cunha innovación, que calcula que sería rendible incorporar ao seu negocio.
Ás veces ata se molestan en viaxar ata o sitio onde xurdiu a idea orixinal e demostran interese en negociar, pero logo limítanse a lanzar un produto moi similar no seu propio mercado, sen ningún indicio de preocupación.
E os propietarios das pequenas empresas vense frustrados, xa que obviamente non contan coas estruturas xurídicas axeitadas, nin co apoio económico que ten unha gran corporación. Sen gastar unha pequena fortuna en honorarios legais, os pequenos empresarios cren que son incapaces de loitar e de evitar que isto suceda.
Este é un exemplo clásico do chamado “pirateo”: a principios de 2011 unha empresa italiana moi famosa anunciara a presentación da súa nova colección de accesorios de primavera-verán, no transcurso dunha festa.
Tres días antes do evento saíron das fábricas clandestinas dunha cidade paraguaia exactamente os mesmos produtos con destino ás principais capitais do mundo. As perdas foron millonarias e xamais se atopou os culpables.
Si se pode loitar
Non obstante, hai algunhas empresas que si lograron que se recoñeza a súa autoría en canto a unha innovación. Esta é unha boa noticia, xa que existen antecedentes que demostran que si se pode loitar por defender os seus produtos e evitar o plaxio.
Melbourne Knog o fabricante de accesorios luminosos para bicicletas é un exemplo clásico. A pequena empresa pasara anos desenvolvendo un determinado tipo de luces de bicicleta, que se converteron nunha lenda en todo o mundo.
Knog tiña un rexistro do deseño e unha patente sobre o produto en Australia, pero iso non detivo un fabricante chinés que copiou o produto e o patentou no seu propio país sen ningún tipo de complexos.
O problema é que todo se sabe tarde ou cedo, polo que os distribuidores da marca australiana alertaron de inmediato á compañía Knog, que había unha empresa chinesa que estaba a vender o mesmo produto.
Pero a desenvoltura dos plaxiadores foi tal, que se presentaron nunha feira comercial que se realizou en Europa. O problema foi que os creadores orixinais do produto tamén estaban alí. O encontro foi moi conflitivo.
Algúns días despois e tras un intercambio frenético de chamadas, os funcionarios de aduanas tomaron por asalto o stand chinés e retiraron todos os artigos relacionados con luces de bicicleta, ademais de confiscar o pasaporte dos representantes da empresa.
Finalmente, o fabricante chinés foi obrigado a retirar os seus produtos do mercado, retractarse publicamente e enriba tivo que pagar aos creadores das luces, polas perdas que as súas propias vendas lle ocasionaran.
(Fonte: Innovaticias)