Innovacións europeas nas etiquetas de identificación por radiofrecuencia

n

n

Europa non desiste no seu empeño por innovar. Á crecente lista de produtos e servizos innovadores súmase o primeiro circuíto de identificación por radiofrecuencia (RFID) do mundo, deseñado e creado polo Interuniversitair Micro-Electronica Centrum Vzm (IMEC, Bélxica), o Centro Holst (Países Baixos) e o consorcio ORICLA.

n


n

 

n

n

ORICLA traballa co fin de lograr unha codificación electrónica de produtos mediante etiquetas de RFID baseada en tecnoloxía de película fina óxido-orgánica híbrida complementaria. O proxecto está financiado con 3,02 millóns de euros a través do tema Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) do Sétimo Programa Marco (7PM).

n

 

n

Este primeiro circuíto de RFID desenvolveuse mediante tecnoloxía de película fina de baixa temperatura e permite aplicar principios de comunicación do tipo 'o lector fala primeiro' (reader-talks-first). Os investigadores afirman que a tecnoloxía que permite este prototipo é esencial para lograr etiquetas RFID de baixo prezo. Ademais, o seu rendemento é adecuado para o seu emprego como etiquetas intelixentes nos envases de bens de consumo de venda polo miúdo.

n

 

n

Segundo os investigadores, este tipo de etiquetas podería ser de grande utilidade para os consumidores pois permiten acceder con rapidez a información como o prezo, a frescura e outras características. Tamén o serían para os distribuidores, pois permitiría labores de facturación automática e xestión de inventarios.

n

 

n

Os chips de RFID de película fina baséanse nunha lámina plástica. No seu proceso de fabricación tamén se empregan semicondutores de tecnoloxía de película fina óxido-orgánica. Con anterioridade a este logro, as etiquetas RFID dotadas con este tipo de chips de película fina sobre plástico baseábanse no principio 'a etiqueta fala primeiro' (tag-talks-first), é dicir, o campo de RF do lector RFID acende a etiqueta RFID e esta transmite o seu código ao lector. O problema xorde cando varias etiquetas tratan de contactar co lector ao mesmo tempo, que é o caso habitual nas aplicacións dedicadas ao comercio. Para solucionar este problema é necesario utilizar un mecanismo anticolisión efectivo. Pero esta opción, ademais de estar limitada, presenta a contrapartida de reducir a velocidade de lectura.

n

 

n

En relación a este logro recente, Paul Heremans, director de electrónica de área ampla do imec e coordinador de ORICLA, explica que "con esta tecnoloxía será posible por vez primeira lograr un circuíto RFID de transistor de película fina de baixa temperatura que funcione segundo o principio 'o lector fala primeiro'. Cando o lector de RFID acende e contacta coa etiqueta, transmite un sinal de reloxo e datos de identificación. A etiqueta utiliza os datos e o sinal para determinar o momento oportuno para enviar o seu código. Este mecanismo permite por primeira vez implementar un sistema anticolisión práctico para etiquetas RFID de película fina ".

n

 

n

O equipo utilizou unha tecnoloxía óxido-orgánica híbrida complementaria para que esta etiqueta RFID pasase de ser un concepto a ser un obxecto. Os científicos combinaron un transistor de película fina de metal óxido tipo n procesado nunha solución de alta temperatura con mobilidade de portador típica de 2 cm2/Vs cun transistor de película fina de tipo p de pentaceno cunha mobilidade de ata 1 cm2/Vs. Tamén utilizaron AI203 (óxido de aluminio) dieléctrico de k elevada capaz de aumentar a corrente dos transistores.

n

 

n

As moléculas orgánicas e de metal-óxido utilízanse na fabricación de electrónica de película fina e poden producirse a baixo custo sobre láminas de plástico delgadas. O desenvolvemento de etiquetas intelixentes a baixo prezo é unha solución que beneficia a todos.

n

 

n

No consorcio ORICLA participan investigadores e entidades industriais de Alemaña e Países Baixos.

n

 

n

(Fonte: Cordis)

n

n

n

 

n