Os novos dispositivos de imaxe que utilizan unha tecnoloxía máis alcanzable e a intelixencia artificial combinadas, en só cinco anos nos darán a capacidade de ver a través de obxectos opacos e de condicións ambientais extremas.
Isto lograrase mediante o uso de imaxes de ondas milimétricas, cámaras e sensores, que poderían axudar, por exemplo, a ver a través da néboa, o smog ou detectar condicións especiais e/ou difíciles de ver en estradas, como o xeo negro; unha información que será vital, especialmente para os novos coches que se auto conducirán.
Macroscopios
En cinco anos, os algoritmos de aprendizaxe automática e o software, axudarannos a manexar máis eficientemente a información sobre o mundo físico que nos rodea recollendo datos de miles de millóns de dispositivos e organizándoos a través dun sistema que analizará todos os puntos da Terra.
As solucións creadas con esta tecnoloxía axudarán a combater os efectos do Cambio Climático, con aplicacións en case todas as áreas. Por exemplo, na agricultura estudando o clima, o chan e a auga, poderase predicir a súa relación coas prácticas de rego, as opcións de cultivos ou a optimización das producións.
Sensores intelixentes anti contaminación
Un exemplo clásico é o do metano, xa que constitúe un dos compoñentes principais do gas natural e se se filtra no aire antes de ser utilizado, pode quentar a atmosfera da terra. De feito, estímase que este gas é o segundo maior contribuínte ao Quentamento Global, despois de dióxido de carbono (CO2).
En cinco anos, este tipo de contaminantes do Medio non pasarán desapercibidos, posto que as novas tecnoloxías de detección temperá lograrán o seu obxectivo de forma rápida e eficaz. Xunto coa análise técnica impulsada pola intelixencia artificial axudarán a previr a contaminación e a identificar gases e partículas, á velocidade da luz.
Súper granxas verticais
Se ben este tipo de construcións xa deixou de ser unha innovación, os diferentes métodos que poderían aplicarse a elas, poderíanas converter en pouco menos de cinco anos en Súper Granxas Verticais.
Dende innovadoras formas de pulverizar da auga por micro-atomización localizada, que se están a probar en laboratorios, ata o desenvolvemento de novidosos sistemas de fumigación sen químicos, baseándose en plantas naturais e o estudo do crecemento pormenorizado a nivel celular das plantas, estímase que o concepto das Granxas Verticais cambiará de forma radical e para mellor, grazas á Intelixencia Artificial.
(Fonte: Axencias)