Innovación para a inclusión, unha aposta para emprendedores sociais

Telefónica presenta “Innovación para a inclusión”, que ten como obxectivo premiar as mellores prácticas de emprendemento que formulen solucións para as persoas con discapacidade.

Un das grandes novidades que achega “Innovación para a inclusión” aos Telefónica Ability Awards é a súa integración no ecosistema global de innovación aberta Open Future, a grande aceleradora, para integrar, reforzar e completar todas as iniciativas do Grupo Telefónica neste campo -Talentum, Think Big, Campus Party, Wayra, Telefónica Venture Capital ou Amérigo- e compartir con socios estratéxicos dos ámbitos públicos e privadas toda a súa experiencia e coñecementos neste campo.

Para Ana Segurado, directora de Estratexia de Open Future, “Open Future é tamén unha plataforma de intervención social, dotada dun modelo que fai viables e financiables proxectos de innovación social. Un lugar para a esperanza, que nos pon en contacto cunha nova xeración de actores e solucións para o cambio. Telefónica Open Future incorpora unha metodoloxía de maduración e aceleración de proxectos única, onde os emprendedores sociais poden conectar con investidores, que lles poden axudar a animar aos seus proxectos”.

En opinión de Alberto Andreu, director global de Reputación e Responsabilidade Corporativa de Telefónica S.A. “a discapacidade e o seu ámbito representa un mercado valorado en 5,8 billóns de euros para 1000 millóns de persoas que demandan solucións tecnolóxicas accesibles nun mundo dixital. A fórmula óptima para desenvolvelas é a cocreación entre os emprendedores sociais xunto coas asociacións e organizacións da discapacidade”.

O reto Ability Awards

Para participar nesta nova categoría, creouse en Open Future o Reto Ability Awards, moito máis que un concurso de ideas. Trátase dun vehículo para conseguir os contactos e o investimento necesario para que os emprendedores sociais que queiran participar creen empresas sustentables e viables.

Todos aqueles emprendedores que teñan unha idea ou proxecto que poida axudar a mellorar o día a día das persoas con discapacidade e estean dispostos a aceptar o Reto Ability deben darse de alta na Plataforma Telefónica Open Future – a través de Facebook, Linkedin ou Google+ ou creando unha conta persoal- e acceder á zona Reto Ability Awards, onde atoparán unha relación de Retos de innovación aberta, dos cales deberán aceptar os que máis se axusten aos seus proxectos ou ideas.

Unha vez aceptado o reto, cada emprendedor deberá facer crecer a súa puntuación, seguindo a metodoloxía de crecemento empresarial que incorpora a plataforma Open Future -completar os fitos que vai propoñendo a plataforma e mellorar a súa visibilidade-.

O prazo para aceptar retos e presentar proxectos prolongarase ata finais de outubro, data na que os 10 mellores proxectos, os que obtiveran maior puntuación na plataforma Telefónica Open Future, participarán no I Ability Investors Day, onde terán a oportunidade de conseguir financiamento de investidores especializados do terceiro sector. Durante a xornada, o xurado preliminar, formado por destacados expertos, dos Telefónica Ability Awards seleccionará as tres iniciativas finalistas.

Por último, o xurado final, composto polos membros do Padroado, elixirá o mellor proxecto, que recibirá o Premio Ability Awards ‘Innovación para a inclusión”, dotado con 10.000 €, de mans da Raíña na cerimonia dos premios.

Os Telefónica Ability Awards naceron en 2010 en España co respaldo dun amplo e prestixioso padroado, formado por representantes do mundo empresarial, sindical, institucional internacional, asociativo, académico, mediático e da sociedade en xeral, con especial relevancia do CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), ONCE e Fundación ONCE.

(Fonte: Tendencias21)