As dietas do ADN
As persoas son cada vez máis conscientes de como os seus corpos responden a certos alimentos e dietas. E xa sexa para adelgazar ou para manter a saúde, recorren a especialistas que lles dean a dieta ideal. As probas xenéticas poderían ser a solución, xa que permitirían atopar a que mellor se adapte a cada individuo.
Máquinas robóticas que fabrican hamburguesas
Máquinas Impuls en San Francisco está traballando na fabricación dunha máquina non humanoide, que poderá cociñar ata 400 hamburguesas por hora, o que lle aforraría enormes sumas de diñeiro aos restaurantes de comidas rápidas.
Máis granxas verticais
En 2050 calcúlase que o 80% da poboación mundial vivirá en ámbitos urbanos. Isto disparará a construción das chamadas “granxas verticais”, que primeiro foron unha moda e en pouco tempo converteranse nunha necesidade, a medida que as terras de cultivo escaseen.
Pastas personalizadas
A fábrica de pastas italiana Barilla xunto á empresa tecnolóxica holandesa TNO Eindhoven, están a traballar para que nos próximos anos sexa posible que, nos restaurantes de pasta, os comensais sexan os que deseñen a forma dos seus fideos e estes se impriman en 3D. E ademais comeranse.
Granxas aeropónicas
O método aeropónico entrega a auga e os nutrientes das plantas disoltos nela en forma de néboa, co que se usa case o 95% menos de líquido que en cultivos hidropónicos. AeroFarms preto de Manhattan, será a granxa vertical máis grande do mundo e utilizará aeroponía e iluminación LED para cultivar plantas de follas verdes e herbas comestibles.
Agricultores robóticos
A empresa de tecnoloxía robótica australiana SwarmFarm, planificou presentar para finais de 2016, o primeiro dos seus pequenos e lixeiros robots, programados para eliminar “malas herbas”. Tamén serán capaces de sementar, regar, obter e controlar a presenza de pragas.
Tixolas Intelixentes
Financiado a través do sitio de crowdfunding Kickstarter, xa é posible comprar unha tixola intelixente, que esencialmente axuda a cociñar mediante o uso de sensores de calor e tecnoloxía Bluetooth, co fin de evitar que os alimentos se “pasen” de cocción ou queden crus.
Sous-Vide para todos
A cocción de alimentos selada ao baleiro nun baño de auga a baixa temperatura, chamado Sous-Vide, aínda que comezou sendo unha exclusividade de restaurantes de súper luxo vai camiño de converterse nun accesorio máis de calquera cociña.
Non só é un dispositivo de baixo consumo de enerxía, senón que cociña a comida á perfección e axuda a reter o valor nutritivo dos alimentos. A medida que estes aparatos se volvan máis compactos e menos custosos, a predición é que rematarán sendo parte esencial da cociña de todos os fogares.
Máquinas expendedoras intelixentes
O xigante minorista N&W ten plans para poñer 5000 máquinas expendedoras intelixentes nos EEUU durante o ano 2016. As máquinas farán un seguimento dos movementos da man para que os usuarios non necesitan sequera facer contacto e os seus ordenadores retroalimentarán as empresas, indicándolles cales son os produtos máis vendidos e que publico os compra.
Descontos de alimentos perecedoiros
Na cidade de Nova York funcionan apps como “PareUp”, nas que os usuarios consultan se preto da súa localización hai ofertas puntuais de comida que deba ser consumida con rapidez e nas que por iso ten un prezo menor. Desta forma os consumidores aforran diñeiro e os retallistas nin o perden, nin tiran comida.
Neurogastronomía
Unha ciencia emerxente chamada neurogastronomía está lista para cambiar a forma en que comemos e bebemos. Creada hai unha década, o seu foco non está no cambio nos alimentos, senón en variar a nosa percepción a nivel cerebral. Por exemplo, “Ultravioleta”, un restaurante exclusivo de Shanghái utiliza a luz, o son, proxeccións e aromas, para crear unha experiencia multisensorial.
Etiquetas intelixentes
As etiquetas intelixentes son os códigos de barras da industria alimentaria do mañá. A compañía norueguesa Thinfilm é precursora desta tecnoloxía coas súas etiquetas flexibles con sensores, que proporcionan datos en tempo real da localización dos produtos e se o seu almacenado cumpre as necesidades de temperatura e humidade de conservación axeitadas.
Logo está Soundpaper, uns selos que lles permiten aos consumidores utilizar os seus teléfonos intelixentes para escanear un código de barras e que a información do produto se poida oír dende o dispositivo.
Invernadoiros baixo a auga
Nun intento de atopar un xeito autosustentable e respectuoso co Medio Ambiente para a agricultura comercial, a Coral Ocean Group está a desenvolver formas de cultivo de plantas en invernadoiros mergullados. O Proxecto “Xardín de Nemo” utiliza unha forma de cultivo hidropónico para alimentar plantas en biosferas mergulladas, que non necesitan sistemas especiais de temperatura ou iluminación LED.
Novo alimento para animais
Un proxecto de investigación financiado pola UE chamado PROteINSECT estuda a utilización de vermes e insectos secos, unha fonte sustentable de alimentos, para alimentar polos, porcos e peixes nun intento de aliviar a presión sobre o medio ambiente, causada polo cultivo de comida para os animais.
(Fonte: Agencias)