InnoBAN e Tecnópole organizan un taller para axudar a emprendedores galegos a presentar o seu proxecto ante investidores

¿Como impresionar a un investidor?, ¿que erros se deben evitar?, ¿como se pode comunicar de xeito eficaz toda a información sobre un proxecto empresarial? Estas son algunhas das cuestións que calquera emprendedor debe coñecer para presentarse ante potenciais investidores e que serán obxecto dun taller práctico organizado pola rede de business angels InnoBAN en colaboración con Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole.

n
n

nA xornada terá lugar o próximo 14 de novembro en Tecnópole (Ourense). Durante oito horas os participantes recibirán a formación teórica e práctica necesaria para facer unha presentación eficaz do seu proxecto empresarial ante investidores.
n
nO taller diríxese a emprendedores que xa plasmaron a súa idea nun plan de negocio e queren presentar o seu proxecto ante posibles investidores, pero tamén a persoal de apoio a emprendedores de concellos, universidades, centros tecnolóxicos e centros de investigación; e a consultores e outros profesionais interesados no financiamento de proxectos de emprendemento con alto potencial de crecemento.
n
nO obxectivo que se persegue con este taller é capacitar os emprendedores para presentar o seu proxecto ante investidores. Os asistentes aprenderán as claves para comunicar un proxecto a través dun resumo executivo, un elevator pitch (discurso oral no que hai que defender o proxecto nun tempo moi limitado) e unha presentación de 10 minutos con soporte gráfico.
n
nPola súa contribución á difusión do "investimento anxo" este evento enmárcase na Semana Europea dos Business Angels promovida por EBAN, a asociación europea de redes de business angels.
n
nMáis información e inscricións aquí.
n
nSobre InnoBAN
n
nInnoBAN Rede de Investidores Anxo para a Innovación é unha rede de business angels privada e independente que ofrece aos emprendedores servizos de financiamento, formación, asesoramento e mentoring para axudarlles a transformar as súas ideas en empresas de éxito.
n
nA actividade de InnoBAN xira en torno a tres eixes: posta en contacto entre emprendedores e investidores; formación e asesoramento nas distintas fases do proceso de investimento; e difusión da figura do business angel. InnoBAN é membro en calidade de socio de EBAN The European Trade Association for Business Angels, Seed Funds and other Early Stage Market Players e socio fundador e membro da xunta directiva de AEBAN, a Asociación Española de Business Angels Networks.
n
nMáis información http://www.businessangelsinnoban.es.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n