A súa práctica e novidosa idea chegou ata Boston. O MIT organiza todos os anos unha aceleradora de empresas chamado GFSA (Global Founders’ Skills Accelerator) que reúne equipos tanto do Instituto Tecnolóxico como internacionais, e entre eles atópase esta empresa tecnolóxica.
Sen a necesidade de ter que instalar nada, a ferramenta é accesible dende calquera dispositivo con HTML5 e conexión a internet. Un sistema operativo 100% social, presentado nunha páxina web que funciona como un ordenador.
Con só introducir o nome de usuario e o contrasinal, o usuario dispón de diferentes aplicacións por defecto.
A primavera pasada, membros do MIT Club of Spain, a asociación de antigos alumnos do MIT, buscaron equipos de emprendedores que reunisen os requisitos para participar por primeira vez no programa GFSA. E ao parecer a proposta de Inevio representaba á perfección o que querían.
(Fonte: Spain Technology)