A convocatoria, lanzada a través de Indraventures, a súa unidade responsable de reforzar a relación con startups, spin offs e emprendedores e de financiar iniciativas, ten o obxectivo de captar e xerar ideas innovadoras e disruptivas, que vaian máis alá da innovación evolutiva e poidan contribuír a desenvolver a oferta de futuro da compañía.
A iniciativa articúlase a través da plataforma tecnolóxica de Indra “iParticipa”, que permite aos participantes subir as súas ideas en español, inglés ou portugués dende o 2 de decembro ata o 27 de xaneiro. Ademais, todos os traballadores da compañía poden facer comentarios e valorar e votar as propostas.
Indraventures elixirá as dez ideas finalistas baseándose no seu nivel de orixinalidade, disrupción e innovación tecnolóxica, á importancia da necesidade que resolvan, o seu mercado potencial e as posibilidades de internacionalización, así como da viabilidade para levar a cabo a idea na compañía.
Un xurado de expertos da empresa seleccionará tres propostas gañadoras entre as finalistas, ás que se sumará unha cuarta, que será a máis votada polos traballadores na plataforma.
Ademais, todas as propostas finalistas serán transferidas aos mercados de Indra, que serán os responsables de valorar o seu potencial e a posibilidade de desenvolvelas e tamén está previsto o recoñecemento do esforzo realizado polos traballadores na súa avaliación anual e na súa proxección profesional.
(Fonte: Innovamás)