Un e-avatar personalizado, un can guía virtual e uns drones para control visual a distancia foron as ideas gañadoras do concurso de Indra para fomentar a innovación. Estas propostas conseguiron impoñerse ás máis de 1500 que participaban. Indra achegará o seu capital humano e intelectual e unha metodoloxía de traballo para estudar a forma de impulsar os proxectos como premio do certame.
n
n
nCon este certame a compañía intentou identificar e apoiar aquelas propostas innovadoras baseadas na tecnoloxía, achegando a súa experiencia e coñecemento do sector.
n
nSegundo Indra, as máis de 1500 ideas rexistradas xeraron 250.000 visitas á web do concurso, con 10.000 usuarios rexistrados de 18 nacionalidades distintas. Estes datos dan unha idea da repercusión mundial desta iniciativa.
n
nA sede de Indra foi o pasado 12 de xuño o marco no que se deu a coñecer as propostas que conseguiron impoñerse. A entrega de premios estivo presidida polo secretario xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, Román Arjona, e polo conselleiro delegado de Indra, Javier de Andrés.
n
nEn total foron tres propostas as premiadas en "Pensa en Innovar". O primeiro premio foi para e-avatar, un servizo que permite a xeración de humanoides en 3 D personalizados a través de procesamento de imaxes. Esta revolucionaria proposta pódese aplicar á compra de roupa no comercio electrónico, á inmersión no cinema interactivo e os videoxogos, ou á sanidade, para simulación de procesos e procedementos.
n
nO segundo posto foi para unha idea de can guía virtual en móbiles para invidentes. Neste caso, a proposta promove unha aplicación para dispositivos móbiles, que permite advertir de obstáculos físicos a unha persoa invidente e calcular rutas óptimas, ao combinar o uso da cámara de vídeo do dispositivo móbil, con tecnoloxía de recoñecemento de patróns visuais e GPS.
n
nO terceiro e último premio foi parar á idea de drones, unha proposta que formula o desenvolvemento de vehículos non tripulados para reducir riscos e perigos para operarios, ao permitirlles "poñer a visión" nun lugar que non é accesible en situacións e circunstancias normais.
n
nEstas tres propostas gañadoras recibirán como premio o deseño dun plan de negocio. Indra prometeu achegar o seu capital humano e intelectual e unha metodoloxía de traballo para estudar a forma de impulsar os proxectos e convertelos en realidade, ademais de estudar cos seus autores a posibilidade de establecer un acordo de colaboración.
n
n(Fonte: Innovamás)