Inauguran no Parque Tecnolóxico de Andalucía o primeiro centro de España dedicado en exclusiva á nanomedicina

O Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) alberga dende hai uns días o Centro Andaluz de nanomedicina e Biotecnoloxía (Bionand), o primeiro centro de España dedicado en exclusiva a nanotecnoloxía e biotecnoloxía e que se dedica a combater enfermidades de alto impacto social e económico.

n
n

nEste centro ten capacidade para albergar 150 profesionais, dos que o 90% serán investigadores. O presidente da Xunta de Andalucía, José Antonio Griñán, afirmou na súa inauguración que a nanotecnoloxía aplicada á medicina é un novo xeito de combater enfermidades de alto impacto social e económico, como o cancro, o párkinson, o alzhéimer, a diabete e enfermidades infecciosas e cardiovasculares.
n
nA nanomedicina, a medio camiño entre a nanotecnoloxía e a biotecnoloxía, é un campo científico dedicado ao estudo, control e manipulación de materiais, estruturas e dispositivos a escala nanométrica, que equivale á millonésima parte dun milímetro, tamaño que pode ser de grande utilidade no campo tecnolóxico.
n
nSegundo explicou o presidente andaluz, Bionand, que xorde da alianza entre a Xunta de Andalucía e a Universidade de Málaga, contou cun presuposto de 16,3 millóns de euros achegados pola Xunta e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e é o terceiro centro de investigación monográfica en Andalucía.
n
nO director do centro, David del Pozo, adiantou que, en primeiro lugar, Bionand se ocupará de estudos de nanopartículas orientadas sobre todo a temas de oncoloxía e de melloras de diagnóstico con novos apuntamentos de contraste nanoestruturais.
n
nNo novo centro, que conta cun equipamento de última xeración para investigar e cunha das unidades de nanoimaxe máis completas de Europa, poderán desenvolver as súas investigacións ao redor de vinte grupos que se centrarán principalmente nas áreas de nanodiagnóstico, nanosistemas terapéuticos e nanobiotecnoloxía.
n
n(Fonte: El Mundo)
n

n