n
Un grupo de investigadores do Reino Unido conseguiu, usando a tecnoloxía de impresión de inxección de tinta, imprimir células oculares. O avance, detallado nun artigo da revista do IOP Insitute of Physics del Reino Unido Biofabrication, podería conducir á produción de enxertos de tecidos artificiais elaborados con diversas células da retina humana. E, nun futuro, estes enxertos poderían curar a cegueira, segundo publica o IOP nun comunicado.
n
n
nPolo momento os resultados son preliminares, pero proporcionan unha proba da utilidade desta técnica para a impresión de dous tipos de células da retina de ratas adultas: as células ganglionares (que transmiten a información dende o ollo a certas partes do cerebro) e as células gliais (que proporcionan protección ás neuronas).
n
nEsta é a primeira vez que a impresión de inxección se usa con éxito para imprimir células do sistema nervioso central maduras: as células impresas permaneceron sas e retiveron a súa capacidade de supervivencia e desenvolvemento en cultivo.
n
nMedicina rexenerativa
n
nOs co autores do estudo Keith Martin e Abarbase Lorber, do John van Geest Centre for Brain Repair da Universidade de Cambridge, sinalan que: "A perda de células nerviosas na retina é a orixe de moitas enfermidades oculares que ocasionan cegueira. A retina é unha estrutura finamente organizada cunha disposición celular precisa. Nela, as relacións intercelulares resultan clave para o mantemento da función visual".
n
n"O Noso estudo demostrou, por vez primeira, que estas células poden imprimirse usando unha impresora de inxección de tinta piezoeléctrica. Aínda que os nosos resultados son preliminares e aínda se require moito máis traballo, o obxectivo é o desenvolvemento desta tecnoloxía para o seu uso futuro na reparación da retina".
n
nO prometedor da técnica é que permite organizar as células en patróns e estruturas moi definidas. Así, a impresión en 3D está a alcanzar un punto central nas ciencias biomédicas, pois fai posible crear estruturas celulares aplicables á medicina rexenerativa.
n
nCaracterísticas técnicas
n
nOs investigadores utilizaron un dispositivo de impresión de inxección de tinta piezoeléctrica que expulsa as células a través dunha boquilla dun diámetro inferior a un milímetro, cando se aplica un impulso eléctrico.
n
nTamén utilizaron unha tecnoloxía de vídeo de alta velocidade para gravar o proceso de impresión en alta resolución, e obter así un fluído con propiedades -como viscosidade ou tensión superficial- axeitadas.
n
nUnha vez realizada a impresión, realizáronse unha serie de probas con cada tipo de célula para determinar cántas sobrevivían ao proceso e como este afectaba á súa capacidade de supervivencia e desenvolvemento.
n
n"Temos a intención de ampliar o noso traballo e imprimir outras células da retina; así como investigar se os fotorreceptores -células sensibles á luz- se poden imprimir tamén con esta mesma técnica. Ademais, gustaríanos desenvolver máis o noso proceso de impresión para adaptalo a sistemas comerciais", conclúe Martin.
n
nOutras impresións celulares
n
nSoubemos que outro grupo de investigadores de EE.UU. está usando unha técnica de impresión, neste caso, para crear células artificiais de baixo custo. Un equipo de enxeñeiros biomédicos da Penn State University está a desenvolver -cunha técnica de microimpresión- series longas de células artificiais compostas por lípidos e proteínas, dun tamaño uniforme, e que poden permanecer adaptadas ao substrato no que crecen ou separase deste, para moverse libremente polos vasos sanguíneos.
n
nSegundo publica a Penn State nun comunicado, estas células poderían servir algún día como dispositivos de administración de fármacos e xenes ou para aplicacións diversas no terreo dos biomateriais, a biotecnoloxía e os biosensores.
n
nOs científicos esperan así mesmo que as células artificiais posibiliten a exploración da actividade da membrana celular. "Con estas células artificiais temos só a casca das células, o que nos permite diseccionar os acontecementos que acontecen na súa membrana,", explican. Isto resulta importante porque a comprensión de como os medicamentos ou os patóxenos atravesan a devandita membrana é esencial para a prevención de enfermidades ou a subministración eficiente de medicamentos.
n
nA composición das células creadas (similar á das naturais), e o feito de que poidan agruparse en matrices celulares, convértenas en excelentes sistemas modelo para o estudo dos procesos da superficie celular. As células artificiais realizáronse cun tamaño de entre 20 e 50 microns, isto é, atópanse dentro da gama de tamaños das células naturais.
n
nPor último, o pasado mes de outubro, un equipo de científicos alemáns conseguiu producir diversos tipos de tecido cunha impresora de inxección e uns líquidos transparentes (biotintas) constituídos por compostos de matriz de tecido natural e de células vivas. Neste caso, o avance supuxo un novo paso cara a un potencial método de fabricación de tecidos e órganos á carta.
n
n(Fonte: Tendencias21)